2/3/21

Día da Muller

Como cada ano imos celebrar o 8 de marzo, o Día da Muller. 
Desde o CPI Cruz do Sar queremos renden unha homenaxe a esas mulleres que cada día o dan todo para que co seu esforzo levemos a situación actual de pandemia coa maior normalidade posible. Por iso convidamos ao alumnado a que elaboren un pequeno documento no que nos conten que fai no seu día a día esa muller (nai, avoa, tía, irmá....) que teñen con eles e acompañalo cun debuxo ou fotografía dela. 
Os traballos que se recollan pasarán a formar parte dun mural que montaremos no acceso do edificio A. 
Animádevos a participar!


 

24/2/21

Día de Rosalía

 Hoxe 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. 

O alumnado de Ed. Primaria estivo estes días traballando sobre a nosa poetisa e elaborando acrósticos adicados a ela. Pouco a pouco encheremos o taboleiro coas súas creaccións. Algunhas xa están expostas. 




O alumnado de Ed. Secundaria tamén está a traballar a figura de Rosalía co seu profesorado.
A maiores,  o alumnado de 3º de E.S.O. foron os afortunados e afortunadas en gozar da actuación do grupo Zenzar que fixo un acercamento á música en galego. 

Na conta de Instagram tedes un pequeno vídeo cun fragmento dunha canción.


Por se queredes coñecer un pouco máis a vida de Rosalía aquí tedes este vídeo.

E para rematar unha versión do seu Adiós ríos, adiós fontes.


Feliz día de Rosalía!

24/1/21

30 de xaneiro, Día da Paz

 Para celebrar o Día da Paz, o vindeiro 30 de xaneiro, o alumnado de Ed. Primaria levará a cabo esta sinxela actividade ademais doutros traballos que cada grupo realizará cos seus titores e titoras. 



Relatos do Samaín 2020

 Para unha lectura de domingo aquí vos deixamos os relatos gañadores no concurso Escribimos de medo deste Samaín 2020. 


Relatos gañadores Samaín 2020 by Anillampl on Scribd

22/1/21

Noraboa Sara

A alumna Sara Pazos de 4º de E.S.O. gañou o terceiro premio do concurso de relato da Escola Galega de Administración Pública na convocatoria do curso pasado. 

No vídeo podedes escoitar anacos das obras premiadas, entre elas, a de Sara. 

Parabéns a premiada!

https://egap.xunta.gal/egapaberta/ficha/aformativa/video/15388a2_16883