29/12/16

Desexos de Nadal

Os nenos e nenas de toda E. Primaria escribiron os seus desexos para este Nadal en pequenos adornos que decoraron as árbores que adornaron o Colexio.


28/12/16

TARXETAS DE NADAL

Como en anos anteriores organizamos un concurso de tarxetas de Nadal no que participaron moitos alumnos e alumnas do CPI Cruz do Sar, Os motivos elixidos para ilustrar estas tarxetas foron moi variados e cheos de bos desexos e ledicia. O xurado tivo unha tarefa moi dificil para escoller as gañadoras do concurso. Escolleron unha tarxeta gañadora de entre 1º e 2º de EP, outra de entre as participantes de 3º e 4º de EP, entre as de 5º e 6º elixiron outra e por último unha tarxeta de ESO, Estas tarxetas foron consideradas finalistas e acompañaron á tarxeta gañadora na ilustración da tarxeta de Nadal coa que o CPI Cruz do Sar felicita estas festas.

TARXETA GAÑADORA



TARXETAS FINALISTAS




OUTRAS TARXETAS ELIXIDAS