23/4/20

Bergondo nun conto.



  Pois xa temos aquí o concurso "Bergondo nun conto" que coma todos os anos organiza o Concello para celebrar o Día das Letras Galegas.

Nesta ocasión o xeito de participar, dadas as excepcionais circunstancias vai ser diferente. Isto é o que nos piden dende o Concello:

Queremos que nos contedes, nun texto, nun conto, nunha poesía, ou nun debuxo os vosos sentimentos, como estades a vivir esta situación, en que vos está axudando todo isto, como falades coas vosas amizades e familiares. Hai alguén na vosa familia que recorde outros confinamentos? A idea é compartir e así poder construír entre todos e todas o “Bergondo nun conto 2020”.

Como facelo? Pois como diciamos, cun texto, un debuxo ou ambas cousas; de forma individual ou conxunta: alguén que se atope so, dous irmáns, unha parella, unha nena cos seus avós, etc… Podedes estar confinados xuntos e contarnos como vos atopades ou escribir sobre a persoa á que máis votedes en falta, se podedes falar con ela ou non e que faredes en canto vos vexades.

Con todas as participacións, queremos construír algo que nos quede de recordo. Imaxinades volver a velo dentro de 10 anos? ou en 20?
 
Así que adiante! Colle o teu traballo e escanea ou saca unha foto co móbil (que se vexa ben, de forma clara) e envíao por correo electrónico cultura.deportes@bergondo.gal ou a través dunha mensaxe na páxina de Facebook da Axencia de Lectura de Bergondo. É importante que sinales o teu nome, apelidos e teléfono (se sodes varios, indicade o de todos/as).
Se alguén ten dificultades en mandalo pode poñerse en contacto no 981 791 252 (ext.4) e dende o concello intentaremos facilitar a vosa participación.
Cando volvamos a vernos, todos/as os/as que participedes, recibiredes un bono para comprar en tendas de Bergondo.
Ademais, de entre todos os traballos, escolleremos un para a foto de portada da páxina de facebook da axencia de lectura.
AXUDADES A CONSTRUÍR O CONTO DO 2020?
ÁNIMO! TODO SAIRÁ BEN!







22/4/20

Resultados das enquisas

Se recordades aló polo comezo do curso, dende o EDLG fixemos unhas enquisas para coñecer cal era a situación da Linga Galega na nosa comunidade.

No documento que tedes a continuación podedes comprobar os resultados obtidos.

Queda moito por facer, pero seguiremos intentándoo!



10/4/20

Relatos do Samaín

Pasou xa moito tempo desde que disfrutamos do Magosto e do Samaín, e quedou pendente a publicación dos relatos gañadores no concurso de escritura que convocamos xunto coa Biblioteca.
Aproveitando estes días de confinamento pois tocou poñerse ao día nas tarefas e aquí tedes eses relatos. Esperamos que os desfrutedes.
 

7/4/20

Vídeo, día de Rosalía

Como xa vos contamos o alumnado de 1º ESO para celebrar o día de Rosalía versionou un dos seus poemas en formato RAP. Aquí tedes un vídeo da súa interpretación para o alumnado de Ed. Primaria.


3/4/20

Fotos de EU AMO GALEGO

Aló polo mes de febreiro aproveitando o día dos namorados fixemos unha proposta para que nos demostraran o seu amor ao galego. E aquí tedes unha pequena mostra da participación.