3/11/09

SAMAÍN NO CRUZ DO SAR 2009 on PhotoPeach

28/4/09


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

Este ano será homenaxeado o día das Letras Galegas o escritor Ramón Piñeiro.
Ramón Piñeiro López naceu no seo dunha familia labrega da parroquia de Armea, concello de Láncara (Lugo), en maio de 1915.
Ramón Piñeiro foi o director literario de Galaxia e, dende ese posto, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega da posguerra. Un dos primeiros propósitos da editorial foi crear unha revista, Grial, para a que non se conseguiría autorización gobernamental ata o ano 1963. Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego dirixiríana dende esa data e nela o primeiro publicaría máis de corenta colaboracións. Mais, previamente, esta publicación periódica foi saíndo do prelo de forma encuberta, como colección de libros de autoría múltiple. Na Colección Grial, que editou catro números antes de que as autoridades a suspendesen, publicou Ramón Piñeiro o seu primeiro ensaio filosófico: "Significado metafísico da saudade" (1951), Con esta obra demostraba sobradamente o que o goberno e moitos cidadáns poñían en dúbida: a capacidade da lingua galega para o xénero ensaístico e para a especulación filosófica.
Moi vinculado á política dende mozo, foi elixido deputado autonómico, o que lle deu a oportunidade de traballar a prol da Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983. Nese mesmo ano, Ramón Piñeiro foi elixido presidente do primeiro Consello da Cultura Galega, cargo que ocuparía ata o seu pasamento en 1990. mundo.
Alguns dos libros que escribiu son:
Olladas no futuro. Vigo, Galaxia, 1974.Lembrando a Castelao. Santiago de Compostela, SEPT, 1975.Filosofía da saudade. Vigo, Galaxia, 1984.Fermín Penzol. Vigo, Galaxia, 2001.Da miña acordanza. Memorias. Vigo, Galaxia, 2002.Galicia. Vigo, Galaxia, 2002.A linguaxe e as linguas. Vigo, Galaxia, 2008.

25/3/09


Convocatorias de premios


Lingua de Amor 2009


3ª edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego. Organizado polo Consello da Xuventude en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Prazo: o prazo para enviar mensaxes e cancións permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web
www.linguadeamor.eu
Premios declaracións de amor en galego a través da rede:
Categoría A (de 14 a 19 anos): 1.º Un ordenador portátil. 2.º Unha videoconsola PlayStation3. 3.º Un Ipod
Categoría B (de 20 a 35 anos): 1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas. 2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas. 3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas
Ademais, todos eles recibirán un lote de libros en galego
Premios cancións de amor en lingua galega:
1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

4/2/09

QUERES O TEU MÓBIL NA NOSA LINGUA?

www.oteumobilengalego.com: portal creado para que os usuarios e as usuarias poidan acceder a todos os recursos dispoñibles na nosa lingua para os seus terminais de telefonía e a toda a información sobre as compañías que lles ofrecen aos seus clientes produtos ou servizos en galego. Podes coñecer os terminais que hai actualmente no mercado coa opción do galego e mediante que operadoras conseguilos. Tes ademais a posibilidade de actualizar o teu móbil a través das descargas dispoñibles en "Galeguiza o teu móbil".

27/1/09

XOGOS EN REDE

Podedes entrar na seguinte páxina web: www.as-pg.com para xogar ao TRIBIAL e tamén ao SCRABBLE en galego.
¡ Probade é moi divertido!


RECURSOS EDUCATIVOS

Na páxina www.xunta.es/linguagalega atoparedes moitos recursos e máis xogos. Pinchando en Equipos de normalización e despois en recursos educativos atoparedes xogos, diccionarios, manuais de galego, publicacións, etc
PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA .

O equipo de normalización lingüística constitúese para potenciar o uso da lingua galega. Este curso 2008/2009 o equipo está formado por varios membros:
- Como representantes de alumnos: Lara Liñares, Ismael Seijo e Tamara García.
- Como representantes de mestres: Josefina Babio, Manuel Lagares e Carmen Trelles.
- Como representante do persoal non docente: Angustias González.
- Coordinadora: Eva Casanova.

Esperamos que propoñades novas ideas e suxerencias e que participedes nas actividades que organicemos.
BENVIDOS AO BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CPI CRUZ DO SAR DE BERGONDO.

Neste espazo iremos publicando as novas que teñan que ver coa nosa lingua ......