Mostrando entradas con la etiqueta 19 20. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 19 20. Mostrar todas las entradas

22/1/21

Noraboa Sara

A alumna Sara Pazos de 4º de E.S.O. gañou o terceiro premio do concurso de relato da Escola Galega de Administración Pública na convocatoria do curso pasado. 

No vídeo podedes escoitar anacos das obras premiadas, entre elas, a de Sara. 

Parabéns a premiada!

https://egap.xunta.gal/egapaberta/ficha/aformativa/video/15388a2_16883 

7/12/20

Primavera das Letras

 Xa aparecen recollidas as nosas actividades polo Día das Letras Galegas na páxina Primavera das Letras da Real Academia Galega. Este é o enlace: http://primaveradasletras.gal/o-voso-dia-das-letras-2020/. Teredes que baixar un pouquiño ara atoparnos, pero alí estamos. 





15/6/20

Unha palabra para un curso, enquisa

Xa podedes votar a vosa palabra para este curso.
Tedes ata o 16 de xuño.
Grazas por particpar.

10/6/20

Unha palabra para un curso (2ª edición)




Unha palabra para un curso
(2ª EDICIÓN)

       PINGÜÍN foi, sorprendentemente, a palabra escollida polo alumnado como a palabra do curso 18/19. E este? Con que palabra resumirías o 2019/2020? Cal foi a palabra de moda? Cal foi esa aprendizaxe que te fixo medrar?

Trátase de propoñer unha palabra coa que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión que máis se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer... Debe ser unha soa palabra ou frase feita.

Esta proposta farase a través do correo electrónico do EDLG ou nos comentarios das redes sociais Facebook e Instagram ou no blog Vagalume da Lingua.

As palabras ofensivas, malsoantes ou con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.

Unha vez recollidas nas redes sociais e no correo electrónico as propostas da comunidade, farase unha selección (máis orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán ser votadas despois na enquisa que se publicará no blog e nas redes sociais. A palabra que acade máis votos será a palabra do curso.


1ª fase, proposta de palabras: entre o 10 e 12 de xuño.

2ª fase, votación de palabras: 15 e 16 de xuño.


5/6/20

Día Mundial do Medio Ambiente.

Aproveitando a celebración do Día Mundial do Medioambiente  presentámosvos os traballos que se presentaron ao concurso de lema.


19 20 Lemas para o medioambiente de anillampl

As gañadoras terán un cheque regalo para canxear na libraría Biblos de Betanzos. Noraboa.
Estes son os traballos premiados.


Sabela Fernández Muiños, 2ºB, Categoría A


Celia Geremías Martínez, 5º B, Categoría B

Na categoría C (ESO) non recibimos ningunha proposta. 




4/6/20

Un poema para don Ricardo.

Na semana das Letras Galegas fomos pedíndovos palabras, frases, libros ou poemas na nosa lingua. Hoxe rematamos coa presentación dos poemas recollidos tanto no correo electrónico como nas redes sociais. Estes son os poemas recollidos.


19 20 recompilacion poemas let gal de anillampl

Tivemos quen se animou a enviar un audio co se poema preferido:



E para rematar a festa Mireia compartiu connosco esta canción.




3/6/20

Unha palabra para don Ricardo.

Aquí vos presentamos as palabras que nos mandastes como as fermosas da nosa lingua.


2/6/20

Unha palabra

Ao longo do mes de maio a Real Academia Galega publicou unha serie de vídeos nos que diferentes persoeiros da nosa cultura escollían unha palabras para definir a don Ricardo, ou lían algún texto da súa autoría. Neste enlace tedes a recompilación de todos os vídeos publicados.

https://academia.gal/letras-actual#tab6


1/6/20

Un marcapáxinas para don Ricardo.

E que con tanto libro pendente de ler imos necesitar algún que outro marcapáxinas.
Aquí tedes os recibidos con motivo do Día das Letras Galegas. Un gran traballo. Grazas outra vez a todos os que participastes.


29/5/20

Un libro para don Ricardo.

Con motivo do Día das Letras Galegas pedímosvos que nos dixerades o libro que estabades a ler. Esta é a recompilación do que nos contastes. Temos moito por ler. Graciñas de novo a todos e todas as que participastes.


28/5/20

Unha frase para don Ricardo

Neste vídeo fixemos unha recompilación das frases galegas coas que máis nos identificamos.
Esperamos que vos guste. Moitas grazas a todos os que participastes.


27/5/20

2º concurso de lema para o Día Mundial do Medio Ambiente.




5 de xuño – Día Mundial do Medio Ambiente
A variedade de alimentos que comemos, o aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a nosa vida no planeta, non existirían sen os servizos da natureza.
Hoxe, vivimos un momento excepcional no que a natureza envíanos unha mensaxe.
Para coidar de nós mesmos, primeiro debemos coidar dela. 
Chegou a hora de reaccionar. De darnos conta. De levantar as nosas voces.
Chegou a hora de reconstruír mellor, polas persoas e o planeta.
Este Día Mundial del Medio Ambiente, chegou a Hora da Natureza.
Neste enlace podedes atopar toda a información sobre o tema.

2º concurso de lema para o Día Mundial do Medio Ambiente
          Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño convócase o 2º concurso de lema para promover o coidado do noso entorno.

BASES PARA O CONCURSO DE LEMAS
  • Poderá participar todo o alumnado do C.P.I. Cruz do Sar distribuído en tres categorías:
    • Categoría A: alumnado de 1º a 3º de Ed. Primaria. Poderán participar cun debuxo sobre o coidado da natureza e o día do medio ambiente, no que se inclúa algún lema ou frase en galego que invite ao coidado do medio.
    • Categoría B: alumnado de 4º a 6º de Ed. Primaria. Poderán participar creando un lema que promova o coidado do medio ambiente.
    • Categoría C: alumnado de ESO. Poderán participar creando un lema que promova o coidado do medio ambiente.
  • Cada alumno ou alumna poderá presentar un traballo.
  • O tamaño  de presentación dos traballos será A4 (folio), no caso dos debuxos, tanto en vertical coma en horizontal. No caso dos lemas, para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e ESO non hai un tamaño establecido, porque o que se valorará é o propio lema.
  • Tamén se terá en conta a súa facilidade para a publicación, polo que non son aconsellables volumes, pregados ou brillos.
  • Cada traballo levará o nome, apelidos e curso do autor/a, ou no nome do arquivo enviado.
  • Os traballos poden ser entregados:
    • No correo electrónico do Equipo: ednlcruzdosar@gmail.com
    • Aos seus titores, ou profesores, que logo reenvirán ao Equipo.
    • Os lemas poden ser deixados como comentarios nas entradas que se farán nas redes sociais (Facebook, Instagram e blog) anunciando o concurso.
  • O prazo de presentación de traballos remata o 2 de xuño.
  • Entre os traballos presentados serán seleccionados:
    • 1 debuxo de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
    • 1 lema de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
    • 1 lema de Ed. Secundaria.
  • Para a selección dos lemas terase en conta o uso correcto da Lingua Galega e a mensaxe que se transmite.
  • Estes tres traballos serán premiados cun cheque regalo para canxear na librería Biblos de Betanzos.
  • Os premios poderán declararse desertos se o equipo considera que non teñen a calidade suficiente.
  • Os traballos presentados serán publicados posteriormente, especialmente os premiados.
 

17/5/20

Un día para don Ricardo


  E moitos máis que teriamos que usar para achegarnos á vida e obra deste home.  Aquí temos unha animación na que se nos resume a súa vida.

Feliz Día das Letras Galegas!

15/5/20

As pitas baixo a choiva



O web Aspitas.gal recolle o conto íntegro ademais das catro cancións compostas para achegar a Ricardo Carvalho Caleo aos máis novos da familia. Tamén hai actividades para facer. 

Nestoutro web tedes máis recursos, información e actvidades para coñecer ao autor deste ano.


Un poema para don Ricardo.

  Para rematar a semana das Letras Galegas imos darlle espazo á poesía. Ricardo Carvalho Calero ten varios poemarios dentro da súa obra, e foi, xunto co teatro, o xénero que empregou nas súas primeiras obras e colaboracións en xornais e revistas.
 
  Hoxe pedímosvos que compartades un poema en galego (ou un fragmento), indicando o seu autor ou autora. Non esquezades que somos terra de grandes poetas como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Manuel María...

  Coma en días anteriores esperamos a vosa participación nas redes sociais ou no correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com.


14/5/20

Un libro para don Ricardo

   O autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, é autor de obras e estudos sobre a nosa lingua, pero tamén publicou:
Poemarios:
o   Vieiros, 1931
o   O silenzo axionllado, 1934
o   Anxo da terra, 1950
o   Poemas pendurados dun cabelo, 1952
o   Salterio de Fingoy, 1961
o   Pretérito imperfeito, 1980
o   Cantigas de amigo e outros poemas, 1986
o   Reticências, 1982
Narrativa:
o   A xente da Barreira, 1951
o   Scórpio, 1987
·       Teatro:
o   Catro pezas, 1971
o   Teatro completo, 1982

A lectura converteuse durante estas semanas nun xeito de viaxar e sentirnos libres, aínda sen saír da casa.  Queremos que nos contedes que libro galego listes durante o confinamento, ou cal é o voso preferido. Podedes facelo enviándonos unha foto do libro ou facendo un comentario polos medios que xa coñecedes.



13/5/20

Unha frase para don Ricardo.

Coas palabras dun idioma formamos frases, refráns, expresións e ditos que forman parte da nosa cultura, que nos identifican como colectividade, cun xeito de vivir propio. Fannos sentir membros dun grupo social. Así que hoxe imos perdirvos que nos digades cal é esa frase feita, ese refrán que usamos a cotío e que nos identifica como galegos. Esperamos a vosa colaboración a través do Facebook, Instagram, correo electrónico (ednlcruzdosar@gmail.com) ou no mesmo blog.


12/5/20

Unha palabra para don Ricardo.

As nosas letras están cheas de palabras fermosas, palabras que Ricardo Carvalho Calero estudou ao longo da súa vida. Mostra disto son as numerosas publicacións relacionadas coa lingua galega, como por exemplo a súa Gramática elemental del gallego común (1966).

Hoxe queremos que nos contes cal é a túa palabra preferida. Cal che parece máis fermosa? Cal é especial para ti?

Déixanos no teu comentario a túa palabra. Tamén podes facelo na entrada do Facebook, no Instagram ou mandala ao correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com


11/5/20

Un marcapáxinas para don Ricardo

   Queremos celebrar esta semana das Letras Galegas, aínda que sexa desde a casa, así que cada día da semana imos convidarvos a participar desde as redes sociais.

   Hoxe luns propoñémosvos que creedes o voso marcapáxinas homenaxeando a Ricardo Carvalho Calero ou ao Día das Letras Galegas. O tamaño e a técnica que empreguedes é libre. Cando o teñades listo facédelle unha foto e podedes enviala:

  • ao voso titor ou titora,
  • ao noso correro electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com
   Coas fotos recibidas faremos unha recompilación que publicaremos aquí, no blog. 


    Recordade tamén que está aberto o prazo para participar en Bergondo nun conto, coma todos os anos.

22/4/20

Resultados das enquisas

Se recordades aló polo comezo do curso, dende o EDLG fixemos unhas enquisas para coñecer cal era a situación da Linga Galega na nosa comunidade.

No documento que tedes a continuación podedes comprobar os resultados obtidos.

Queda moito por facer, pero seguiremos intentándoo!