26/10/20

Tempo de Samaín

 Vai chegando o día do Samaín, o tempo de outono, as castañas asadas..., pero este ano todo é un pouquiño diferente. Non imos facer a exposición de cabazas como en anos anteriores, pero imos manter algúns concursos como son:

  • Concurso de debuxo para 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.


  • Concurso de relatos para 4ª, 5º e 6º de Ed. Primaria.


  • Concurso de relatos para E.S.O.


  • Concurso de video-relatos para E.S.O.

Estas actividades están organizadas conxuntamente coa biblioteca do centro.

Animámosvos a participar!

24/10/20

Olla a palabra do día!

 Bases para o concurso convocado pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, a través do Portal das Palabras e en colaboración co colectivo docente Galiza Visual. 

https://portaldaspalabras.gal/wp-content/uploads/2020/10/bases-olla-a-palabra-do-dia.pdf

Semana do 5 ao 11 de outubro:


Semana do 12 ao 18 de outubro:

Semana do 19 ao 25 de outubro:
Semana do 26 de outubro ao 1 de novembro;








15/9/20

Recollendo o seu agasallo.

 Cousiñas e cousas que quedaron pendentes e sen rematar...

Xa estamos de volta, pouquiño a pouco e poñendo todo o sentidiño para continuar coa actividade no CPI Cruz do Sar.

E para empezar aquí tedes á gañadora do concurso de lema na categoría B, recollendo o seu agasallo. Esperamos que o gozaras a tope, Celia Geremías Martínez.



17/6/20

Unha palabra para un curso: sentidiño

E estes son os resultados da enquisa para "Unha palabra para un curso":



Desde aquí convidámosvos a que fagades o voso cartel coa palabra "sentidiño" e o compartades connosco (ednlcruzdosar@gmail.com). Iremos publicando os que recibmos no noso Instagram. 

Moitas grazas a todos e todas por participar, e como sempre dixeron os maiores: sentidiño!

Felices vacacións!

15/6/20

Unha palabra para un curso, enquisa

Xa podedes votar a vosa palabra para este curso.
Tedes ata o 16 de xuño.
Grazas por particpar.

10/6/20

Unha palabra para un curso (2ª edición)




Unha palabra para un curso
(2ª EDICIÓN)

       PINGÜÍN foi, sorprendentemente, a palabra escollida polo alumnado como a palabra do curso 18/19. E este? Con que palabra resumirías o 2019/2020? Cal foi a palabra de moda? Cal foi esa aprendizaxe que te fixo medrar?

Trátase de propoñer unha palabra coa que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión que máis se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer... Debe ser unha soa palabra ou frase feita.

Esta proposta farase a través do correo electrónico do EDLG ou nos comentarios das redes sociais Facebook e Instagram ou no blog Vagalume da Lingua.

As palabras ofensivas, malsoantes ou con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.

Unha vez recollidas nas redes sociais e no correo electrónico as propostas da comunidade, farase unha selección (máis orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán ser votadas despois na enquisa que se publicará no blog e nas redes sociais. A palabra que acade máis votos será a palabra do curso.


1ª fase, proposta de palabras: entre o 10 e 12 de xuño.

2ª fase, votación de palabras: 15 e 16 de xuño.