30/9/20
15/9/20
Recollendo o seu agasallo.
Cousiñas e cousas que quedaron pendentes e sen rematar...
Xa estamos de volta, pouquiño a pouco e poñendo todo o sentidiño para continuar coa actividade no CPI Cruz do Sar.
E para empezar aquí tedes á gañadora do concurso de lema na categoría B, recollendo o seu agasallo. Esperamos que o gozaras a tope, Celia Geremías Martínez.
17/6/20
Unha palabra para un curso: sentidiño
E estes son os resultados da enquisa para "Unha palabra para un curso":
Desde aquí convidámosvos a que fagades o voso cartel coa palabra "sentidiño" e o compartades connosco (ednlcruzdosar@gmail.com). Iremos publicando os que recibmos no noso Instagram.
Moitas grazas a todos e todas por participar, e como sempre dixeron os maiores: sentidiño!
Felices vacacións!
15/6/20
Unha palabra para un curso, enquisa
Xa podedes votar a vosa palabra para este curso.
Tedes ata o 16 de xuño.
Grazas por particpar.
Tedes ata o 16 de xuño.
Grazas por particpar.
10/6/20
Unha palabra para un curso (2ª edición)
Unha palabra para un curso
(2ª EDICIÓN)
PINGÜÍN foi, sorprendentemente, a
palabra escollida
polo
alumnado como a palabra do curso 18/19. E este? Con que palabra resumirías o
2019/2020? Cal foi a palabra de moda? Cal foi esa aprendizaxe que te fixo medrar?
Trátase de propoñer unha palabra coa
que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión que máis
se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer... Debe ser unha soa
palabra ou frase feita.
Esta proposta farase a través do
correo electrónico do EDLG ou nos comentarios das redes sociais Facebook e
Instagram ou no blog Vagalume da Lingua.
As palabras ofensivas, malsoantes ou
con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.
Unha vez recollidas nas redes sociais
e no correo electrónico as propostas da comunidade, farase unha selección (máis
orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán ser votadas despois
na enquisa que se publicará no blog e nas redes sociais. A palabra que acade
máis votos será a palabra do curso.
1ª fase, proposta de palabras: entre o
10 e 12 de xuño.
2ª fase, votación de palabras: 15 e 16
de xuño.
5/6/20
Día Mundial do Medio Ambiente.
Aproveitando a celebración do Día Mundial do Medioambiente presentámosvos os traballos que se presentaron ao concurso de lema.
19 20 Lemas para o medioambiente de anillampl
As gañadoras terán un cheque regalo para canxear na libraría Biblos de Betanzos. Noraboa.
Estes son os traballos premiados.
As gañadoras terán un cheque regalo para canxear na libraría Biblos de Betanzos. Noraboa.
Estes son os traballos premiados.
Sabela Fernández Muiños, 2ºB, Categoría A
Celia Geremías Martínez, 5º B, Categoría B
Na categoría C (ESO) non recibimos ningunha proposta.
4/6/20
Un poema para don Ricardo.
Na semana das Letras Galegas fomos pedíndovos palabras, frases, libros ou poemas na nosa lingua. Hoxe rematamos coa presentación dos poemas recollidos tanto no correo electrónico como nas redes sociais. Estes son os poemas recollidos.
19 20 recompilacion poemas let gal de anillampl
E para rematar a festa Mireia compartiu connosco esta canción.
Tivemos quen se animou a enviar un audio co se poema preferido:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



