Con motivo do Día das Letras Galegas pedímosvos que nos dixerades o libro que estabades a ler. Esta é a recompilación do que nos contastes. Temos moito por ler. Graciñas de novo a todos e todas as que participastes.
29/5/20
28/5/20
Unha frase para don Ricardo
Neste vídeo fixemos unha recompilación das frases galegas coas que máis nos identificamos.
Esperamos que vos guste. Moitas grazas a todos os que participastes.
Esperamos que vos guste. Moitas grazas a todos os que participastes.
27/5/20
2º concurso de lema para o Día Mundial do Medio Ambiente.
5 de xuño – Día Mundial do Medio Ambiente
A variedade de alimentos que comemos, o
aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a
nosa vida no planeta, non existirían sen os servizos da natureza.
Hoxe, vivimos un momento excepcional no que a natureza envíanos unha mensaxe.
Para coidar de nós mesmos, primeiro debemos coidar dela.
Chegou a hora de reaccionar. De darnos conta. De levantar as nosas voces.
Chegou a hora de reconstruír mellor, polas persoas e o planeta.
Este Día Mundial del Medio Ambiente, chegou a Hora da Natureza.
Neste
enlace podedes atopar toda a información sobre o tema.
2º concurso de lema para o
Día Mundial do Medio Ambiente
Con
motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño
convócase o 2º concurso de lema para promover o coidado do noso entorno.
BASES
PARA O CONCURSO DE LEMAS
- Poderá
participar todo o alumnado do C.P.I. Cruz do Sar distribuído en tres
categorías:
- Categoría
A: alumnado de 1º a 3º de Ed.
Primaria. Poderán participar cun debuxo sobre o coidado da natureza e o
día do medio ambiente, no que se inclúa algún lema ou frase en galego que
invite ao coidado do medio.
- Categoría
B: alumnado de 4º a 6º de Ed.
Primaria. Poderán participar creando un lema que promova o coidado do
medio ambiente.
- Categoría
C: alumnado de ESO. Poderán
participar creando un lema que promova o coidado do medio ambiente.
- Cada
alumno ou alumna poderá presentar un traballo.
- O
tamaño de presentación dos
traballos será A4 (folio), no
caso dos debuxos, tanto en vertical coma en horizontal. No caso dos lemas,
para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e ESO non hai un tamaño establecido, porque
o que se valorará é o propio lema.
- Tamén
se terá en conta a súa facilidade para a publicación, polo que non son
aconsellables volumes, pregados ou brillos.
- Cada
traballo levará o nome, apelidos
e curso do autor/a, ou no nome do arquivo enviado.
- Os
traballos poden ser entregados:
- No
correo electrónico do Equipo: ednlcruzdosar@gmail.com
- Aos
seus titores, ou profesores, que logo reenvirán ao Equipo.
- Os
lemas poden ser deixados como comentarios nas entradas que se farán nas
redes sociais (Facebook, Instagram e blog) anunciando o concurso.
- O
prazo de presentación de traballos remata
o 2 de xuño.
- Entre
os traballos presentados serán seleccionados:
- 1
debuxo de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
- 1
lema de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
- 1
lema de Ed. Secundaria.
- Para
a selección dos lemas terase en conta o uso correcto da Lingua Galega e a
mensaxe que se transmite.
- Estes
tres traballos serán premiados cun cheque regalo para canxear na librería
Biblos de Betanzos.
- Os
premios poderán declararse desertos se o equipo considera que non teñen a
calidade suficiente.
- Os
traballos presentados serán publicados posteriormente, especialmente os
premiados.
17/5/20
Un día para don Ricardo
E moitos máis que teriamos que usar para achegarnos á vida e obra deste home. Aquí temos unha animación na que se nos resume a súa vida.
Feliz Día das Letras Galegas!
15/5/20
As pitas baixo a choiva
O web Aspitas.gal recolle o conto íntegro ademais das catro cancións compostas para achegar a Ricardo Carvalho Caleo aos máis novos da familia. Tamén hai actividades para facer.
Nestoutro web tedes máis recursos, información e actvidades para coñecer ao autor deste ano.
Un poema para don Ricardo.
Para rematar a semana das Letras Galegas imos darlle espazo á poesía. Ricardo Carvalho Calero ten varios poemarios dentro da súa obra, e foi, xunto co teatro, o xénero que empregou nas súas primeiras obras e colaboracións en xornais e revistas.
Hoxe pedímosvos que compartades un poema en galego (ou un fragmento), indicando o seu autor ou autora. Non esquezades que somos terra de grandes poetas como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Manuel María...
Coma en días anteriores esperamos a vosa participación nas redes sociais ou no correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com.
Hoxe pedímosvos que compartades un poema en galego (ou un fragmento), indicando o seu autor ou autora. Non esquezades que somos terra de grandes poetas como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Manuel María...
Coma en días anteriores esperamos a vosa participación nas redes sociais ou no correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com.
14/5/20
Un libro para don Ricardo
O autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, é autor de obras e estudos sobre a nosa lingua, pero tamén publicou:
Poemarios:
A lectura converteuse durante estas semanas nun xeito de viaxar e sentirnos libres, aínda sen saír da casa. Queremos que nos contedes que libro galego listes durante o confinamento, ou cal é o voso preferido. Podedes facelo enviándonos unha foto do libro ou facendo un comentario polos medios que xa coñecedes.
Poemarios:
o
Vieiros,
1931
o
O
silenzo axionllado, 1934
o
Anxo
da terra, 1950
o
Poemas
pendurados dun cabelo, 1952
o
Salterio
de Fingoy, 1961
o
Pretérito
imperfeito, 1980
o
Cantigas
de amigo e outros poemas, 1986
o
Reticências,
1982
Narrativa:
o
A
xente da Barreira, 1951
o
Scórpio,
1987
· Teatro:
o
Catro
pezas, 1971
o
Teatro
completo, 1982
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




