18/12/20

Os nosos desexos de Nadal

 Ao longo da mañá de hoxe o EDLG realizou as votacións para escoller as gañadoras do concurso de Desexos de Nadal, e estas foron as máis votadas. 


Martina López Santamariña 2º B EP


Martina Fariña Roo 4ºA EP

Lola Martínez Gómez 6ºA EP


Candela Rodríguez López 1ºB ESO

Noraboa a todas as gañadoras e a todos os que participastes, grazas.
Nos vindeiros días recibiredes o voso agasallo. 




11/12/20

Gañadores dos concursos de Samaín.

Xa temos gañadores dos nosos concursos de Samaín. 

Sentimos as demora.

                        Concurso Debuxamos de medo.

1º premio para Iria Parada Neira de 3º A E ded. Primaria

Mención honorífica para Andrea Barrientos Vieiro de 3º B de Ed. Primaria.

Con estes debuxos elaborarase o adhesivo conmemorativo deste ano e que será repartido entre o alumnado participante nos diferentes concursos.

                        Concurso de Relatos terroríficos.

5º de Ed. Primaria

1º premio para Mencía González Landeira de 5º B

Mención honorífica para Mariña Buján Antelo de 5º B

6º de Ed. Primaria

1º premio para Claudia Geremías Martínez de 6º A

Mención honorífica para Claudia Blanco Rodríguez de 6º B

Ed. Secundaria.

Non se presentaron traballos en L. Galega.

A Biblioteca premia os seguintes relatos:

En L. Castelá:

1º premio para  Clara Iglesias López de 1º E.S.O.

Mención honorífica para Emma Aguiar Landeira de 1º E.S.O.

En L. Inglesa

Mención honorífica para Aldán Rodríguez Mallo.


Ao concurso de Vídeorrelatos non se presentou ningún traballo. 

Nos vindeiros días publicaremos os traballos 

7/12/20

A palabra do ano

No Portal das Palabras veñen de comezar co proceso para escoller a palabra para este 2020 tan diferente. Se vos apetece participar este é o enlace que vos levará a toda a información para poder participar. 

https://portaldaspalabras.gal/cal-sera-a-palabra-do-ano-2020/ 

Primavera das Letras

 Xa aparecen recollidas as nosas actividades polo Día das Letras Galegas na páxina Primavera das Letras da Real Academia Galega. Este é o enlace: http://primaveradasletras.gal/o-voso-dia-das-letras-2020/. Teredes que baixar un pouquiño ara atoparnos, pero alí estamos. 





3/12/20

Concurso de tarxetas de Nadal

 Xa temos en marcha un novo concurso para escoller a tarxeta coa que imos felicitar as festas de Nadal. 



27/11/20

Concurso Olla a Palabra do Día!

 Hoxe queremos amosarvos os traballos que se prsentaron ao concurso Olla a Palabra do Día, convocado por Real Academia Galega a través do Portal das Palabras.


Máis información en https://ososeratos.blogspot.com/2020/11/a-palabra-do-dia.html



 

21/11/20

Novembro: mes da ciencia en galego

O feitizo da ciencia.

 Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira

da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos

instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando

marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é

unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para

tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo.

A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón

que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao

coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade,

dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os

mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que

comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor

de cabeza. O traballo da ciencia pode facerse cun lapis e un papel, anotando o

paso de aves migratorias, propoñendo unha hipótese brillante para explicar algún

fenómeno da natureza, ou desenvolvendo unha solución matemática para calcular

a danza aérea dunha bolboreta. E, por suposto, o traballo da ciencia tamén se fai

nas instalacións que hai nos centros de investigación e de ensino, desde as máis

simples ata as máis especializadas.

En Galicia temos a fortuna de poder facer ciencia de calidade nos laboratorios

das universidades e doutros centros de ensino. O importante e botarlle ilusión,

paciencia e moita imaxinación. Pero ademais de facer ciencia, todos podemos

gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos

mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras

persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos

gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida

das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de

alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en

galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes.

O mes da ciencia en galego nas bibliotecas é unha

oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola

maxia dos libros e do coñecemento que atesouran.

Pero, ollo; esta actividade é profundamente aditiva

e, sen que un se decate, pode acabar gozando da

lectura todos os días do ano.

Xurxo Mariño Alfonso

Profesor, investigador e divulgador científico

Dep. Legal: C 1366-2020

O feitizo da ciencia