7/12/20

A palabra do ano

No Portal das Palabras veñen de comezar co proceso para escoller a palabra para este 2020 tan diferente. Se vos apetece participar este é o enlace que vos levará a toda a información para poder participar. 

https://portaldaspalabras.gal/cal-sera-a-palabra-do-ano-2020/ 

Primavera das Letras

 Xa aparecen recollidas as nosas actividades polo Día das Letras Galegas na páxina Primavera das Letras da Real Academia Galega. Este é o enlace: http://primaveradasletras.gal/o-voso-dia-das-letras-2020/. Teredes que baixar un pouquiño ara atoparnos, pero alí estamos. 





3/12/20

Concurso de tarxetas de Nadal

 Xa temos en marcha un novo concurso para escoller a tarxeta coa que imos felicitar as festas de Nadal. 



27/11/20

Concurso Olla a Palabra do Día!

 Hoxe queremos amosarvos os traballos que se prsentaron ao concurso Olla a Palabra do Día, convocado por Real Academia Galega a través do Portal das Palabras.


Máis información en https://ososeratos.blogspot.com/2020/11/a-palabra-do-dia.html



 

21/11/20

Novembro: mes da ciencia en galego

O feitizo da ciencia.

 Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira

da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos

instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando

marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é

unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para

tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo.

A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón

que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao

coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade,

dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os

mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que

comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor

de cabeza. O traballo da ciencia pode facerse cun lapis e un papel, anotando o

paso de aves migratorias, propoñendo unha hipótese brillante para explicar algún

fenómeno da natureza, ou desenvolvendo unha solución matemática para calcular

a danza aérea dunha bolboreta. E, por suposto, o traballo da ciencia tamén se fai

nas instalacións que hai nos centros de investigación e de ensino, desde as máis

simples ata as máis especializadas.

En Galicia temos a fortuna de poder facer ciencia de calidade nos laboratorios

das universidades e doutros centros de ensino. O importante e botarlle ilusión,

paciencia e moita imaxinación. Pero ademais de facer ciencia, todos podemos

gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos

mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras

persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos

gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida

das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de

alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en

galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes.

O mes da ciencia en galego nas bibliotecas é unha

oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola

maxia dos libros e do coñecemento que atesouran.

Pero, ollo; esta actividade é profundamente aditiva

e, sen que un se decate, pode acabar gozando da

lectura todos os días do ano.

Xurxo Mariño Alfonso

Profesor, investigador e divulgador científico

Dep. Legal: C 1366-2020

O feitizo da ciencia

26/10/20

Tempo de Samaín

 Vai chegando o día do Samaín, o tempo de outono, as castañas asadas..., pero este ano todo é un pouquiño diferente. Non imos facer a exposición de cabazas como en anos anteriores, pero imos manter algúns concursos como son:

  • Concurso de debuxo para 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.


  • Concurso de relatos para 4ª, 5º e 6º de Ed. Primaria.


  • Concurso de relatos para E.S.O.


  • Concurso de video-relatos para E.S.O.

Estas actividades están organizadas conxuntamente coa biblioteca do centro.

Animámosvos a participar!

24/10/20

Olla a palabra do día!

 Bases para o concurso convocado pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, a través do Portal das Palabras e en colaboración co colectivo docente Galiza Visual. 

https://portaldaspalabras.gal/wp-content/uploads/2020/10/bases-olla-a-palabra-do-dia.pdf

Semana do 5 ao 11 de outubro:


Semana do 12 ao 18 de outubro:

Semana do 19 ao 25 de outubro:
Semana do 26 de outubro ao 1 de novembro;