Xa podedes votar a vosa palabra para este curso.
Tedes ata o 16 de xuño.
Grazas por particpar.
10/6/20
Unha palabra para un curso (2ª edición)
Unha palabra para un curso
(2ª EDICIÓN)
PINGÜÍN foi, sorprendentemente, a
palabra escollida
polo
alumnado como a palabra do curso 18/19. E este? Con que palabra resumirías o
2019/2020? Cal foi a palabra de moda? Cal foi esa aprendizaxe que te fixo medrar?
Trátase de propoñer unha palabra coa
que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión que máis
se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer... Debe ser unha soa
palabra ou frase feita.
Esta proposta farase a través do
correo electrónico do EDLG ou nos comentarios das redes sociais Facebook e
Instagram ou no blog Vagalume da Lingua.
As palabras ofensivas, malsoantes ou
con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.
Unha vez recollidas nas redes sociais
e no correo electrónico as propostas da comunidade, farase unha selección (máis
orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán ser votadas despois
na enquisa que se publicará no blog e nas redes sociais. A palabra que acade
máis votos será a palabra do curso.
1ª fase, proposta de palabras: entre o
10 e 12 de xuño.
2ª fase, votación de palabras: 15 e 16
de xuño.
5/6/20
Día Mundial do Medio Ambiente.
Aproveitando a celebración do Día Mundial do Medioambiente presentámosvos os traballos que se presentaron ao concurso de lema.
19 20 Lemas para o medioambiente de anillampl
As gañadoras terán un cheque regalo para canxear na libraría Biblos de Betanzos. Noraboa.
Estes son os traballos premiados.
As gañadoras terán un cheque regalo para canxear na libraría Biblos de Betanzos. Noraboa.
Estes son os traballos premiados.
Sabela Fernández Muiños, 2ºB, Categoría A
Celia Geremías Martínez, 5º B, Categoría B
Na categoría C (ESO) non recibimos ningunha proposta.
4/6/20
Un poema para don Ricardo.
Na semana das Letras Galegas fomos pedíndovos palabras, frases, libros ou poemas na nosa lingua. Hoxe rematamos coa presentación dos poemas recollidos tanto no correo electrónico como nas redes sociais. Estes son os poemas recollidos.
19 20 recompilacion poemas let gal de anillampl
E para rematar a festa Mireia compartiu connosco esta canción.
Tivemos quen se animou a enviar un audio co se poema preferido:
3/6/20
Unha palabra para don Ricardo.
Aquí vos presentamos as palabras que nos mandastes como as fermosas da nosa lingua.
2/6/20
Unha palabra
Ao longo do mes de maio a Real Academia Galega publicou unha serie de vídeos nos que diferentes persoeiros da nosa cultura escollían unha palabras para definir a don Ricardo, ou lían algún texto da súa autoría. Neste enlace tedes a recompilación de todos os vídeos publicados.
https://academia.gal/letras-actual#tab6
https://academia.gal/letras-actual#tab6
1/6/20
Un marcapáxinas para don Ricardo.
E que con tanto libro pendente de ler imos necesitar algún que outro marcapáxinas.
Aquí tedes os recibidos con motivo do Día das Letras Galegas. Un gran traballo. Grazas outra vez a todos os que participastes.
Aquí tedes os recibidos con motivo do Día das Letras Galegas. Un gran traballo. Grazas outra vez a todos os que participastes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



