Xa estamos rematando o curso. Con que
palabra resumirías o 2020/2021? Cal foi a palabra de moda? Cal foi
esa palabra que escoitaches ata aburrirte?
Trátase de propoñer unha palabra coa
que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión
que máis se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer...
Debe ser unha soa palabra ou frase feita.
Esta proposta
farase a través das seguintes canles:
O alumnado de Ed. Primaria tamén
poderá facer as súas propostas a través das súas titoras ou
titores que as entregarán a algún membro do membro do EDLG.
As palabras ofensivas, malsoantes ou
con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.
Unha vez recollidas nas redes sociais,
no correo electrónico e nas titorías as propostas da comunidade,
farase unha selección
(máis orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán
ser votadas despois na enquisa
que se publicará no blog e nas redes sociais.
As titorías de Ed. Primaria poden
facer a súa votación na aula e logo pasarán os resultados ao EDLG,
que os sumará aos obtidos no blog e nas redes sociais.
A palabra que acade máis votos será
a palabra do curso.
Temporalización:
1ª fase, proposta
de palabras: entre o 11 e
14 de xuño.
2ª fase, votación
de palabras: 16 e 17 de
xuño.
Publicación dos resultados:
venres, 18 de xuño.
Unha vez que se saiba cal é a palabra
do curso queremos invitar a todos os membros da comunidade escolar a
elaborar debuxos e
carteis que inclúan a
palabra do curso 20/21. Os traballos recibidos publicarémolos e
expoñerémolos nos accesos aos diferentes edificios do centro.
Ánimo, que xa queda menos!