Neste curso optamos por traballar a celebración do Día das Letras Galega a nivel de grupos de titoría.
Na entrada do edificio A colocousa información sobre a autora homenaxeada nesta ocasión, Xela Arias.
Ademais dos traballos individuais do alumnado fixemos un mural colectivo no que o alumnado de Ed. Primaria traballou sobre os autores que foron homenaxeados desde que se celebra o Día das Letras Galegas. Os diferentes autores repartíronse entre os grupos de Ed. Primaria. Na ficha que tiñan que cubrir debían incluír: un debuxo ou caricatura do autor, en que ano se lle adicou a día das Letras Galegas, unha breve biografía e algunhas das súas obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario