Xa estamos rematando o curso. Con que palabra resumirías o 2020/2021? Cal foi a palabra de moda? Cal foi esa palabra que escoitaches ata aburrirte?
Trátase de propoñer unha palabra coa que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión que máis se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer... Debe ser unha soa palabra ou frase feita.
Esta proposta farase a través das seguintes canles:
Enviando un correo electrónico ao EDLG (ednlcruzdosar@gmail.com)
Facendo un comentarios as redes sociais Facebook
(https://www.facebook.com/edlg.cruzdosar.3) e Instagram do EDLG
Facendo un comentario no blog Vagalume da Lingua
O alumnado de Ed. Primaria tamén poderá facer as súas propostas a través das súas titoras ou titores que as entregarán a algún membro do membro do EDLG.
As palabras ofensivas, malsoantes ou con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.
Unha vez recollidas nas redes sociais, no correo electrónico e nas titorías as propostas da comunidade, farase unha selección (máis orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán ser votadas despois na enquisa que se publicará no blog e nas redes sociais.
As titorías de Ed. Primaria poden facer a súa votación na aula e logo pasarán os resultados ao EDLG, que os sumará aos obtidos no blog e nas redes sociais.
A palabra que acade máis votos será a palabra do curso.
Temporalización:
1ª fase, proposta de palabras: entre o 11 e 14 de xuño.
2ª fase, votación de palabras: 16 e 17 de xuño.
Publicación dos resultados: venres, 18 de xuño.
Unha vez que se saiba cal é a palabra do curso queremos invitar a todos os membros da comunidade escolar a elaborar debuxos e carteis que inclúan a palabra do curso 20/21. Os traballos recibidos publicarémolos e expoñerémolos nos accesos aos diferentes edificios do centro.
Ánimo, que xa queda menos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario