24/5/21

3º concurso de lema para o Día Mundial do Medio Ambiente.

3º Concurso do lema para o Día Mundial do Medio Ambiente

Co motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño convócase o concurso de lema para promover o coidado do noso entorno.

Bases para o concurso:

Poderá participar todo o alumnado do CPI Cruz do Sar

Cada alumno/a poderá presentar un traballo en cada modalidade.

Modalidades de presentación:

1.- Lema escrito ilustrado (ilustración + lema)

2.- Lema para campaña de publicidade (ilustración + lema + audio)

Os traballos serán entregados a:

Educación Primaria: Titores e titoras, Equipo Normalización e Biblioteca

Educación Secundaria: Equipo Normalización e Biblioteca

Para a selección dos lemas terase en conta o uso correcto da Lingua Galega, a presentación e a mensaxe que transmite.

Entre os traballos presentados serán seleccionados:

Modalidade 1:

1 lema de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

1 lema de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

1 lema de Educación Secundaria

Modalidade 2:

1 lema de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

1 lema de Educación Secundaria

Os traballos seleccionados serán premiados cun cheque regalo para canxear na librería Biblos de Betanzos.

Cos lemas entregados farase un mural na entrada dos edificios e publicaranse na web e blogs do centro.

Data de entrega de traballos: ata o mércores 2 de xuño.


Descrición das modalidades e algunha axuda.


Modalidades de presentación:

1.- Lema escrito ilustrado

O traballo consistirá na creación dun lema en Lingua Galega que promova o coidado do medio ambiente e a importancia do mesmo.

O tamaño da presentación dos traballos será empregando algunha das plantillas que se poden obter nas titorías ou ben nos blogs e webs do centro. Estas plantillas son de diferentes follas de árbores autóctonas de Galicia.

Cada traballo levará o nome, apelidos e curso do/a autor/a na parte posterior.

Modalidade dirixida a todos os niveis educativos.


2.- Lema para campaña de publicidade

O traballo consistirá nun debuxo e un lema en Lingua Galega que promova o coidado do medio ambiente e a importancia do mesmo. Tamaño do debuxo/ilustración A5 en horizontal. Poderase realizar en formato papel ou con ferramentas dixitais. No caso de empregar imaxes que sexan libres de dereitos (https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/mejores-bancos-de-imagenes/)  

Adxuntarase un arquivo de audio de entre 15 e 30 segundos de duración en formato mp3. O contido do audio terá relación co lema e a ilustración e toda a gravación será en Lingua Galega.

Axuda e suxerencias:

Ter en conta que no caso de empregar música que sexa libre de dereitos. Algúns exemplos son:

Banco de sons do Ministerio de Educación

The free sound project

Jamendo

Archive.org

FX sonidos gratis

Mediacollege.com

Posible programa edición de audio: Audacity.

Manual Audacity: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesrosais2/?q=system/files/Manual%20Audacity.pdf

Videotitorial: https://formacion.intef.es/catalogo/mod/book/tool/print/index.php?id=44 


Modalidade dirixida a: 4º, 5º, 6º de Primaria e todos os niveis da ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario