Para rematar a semana das Letras Galegas imos darlle espazo á poesía. Ricardo Carvalho Calero ten varios poemarios dentro da súa obra, e foi, xunto co teatro, o xénero que empregou nas súas primeiras obras e colaboracións en xornais e revistas.
Hoxe pedímosvos que compartades un poema en galego (ou un fragmento), indicando o seu autor ou autora. Non esquezades que somos terra de grandes poetas como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Manuel María...
Coma en días anteriores esperamos a vosa participación nas redes sociais ou no correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario