11/5/20

Un marcapáxinas para don Ricardo

   Queremos celebrar esta semana das Letras Galegas, aínda que sexa desde a casa, así que cada día da semana imos convidarvos a participar desde as redes sociais.

   Hoxe luns propoñémosvos que creedes o voso marcapáxinas homenaxeando a Ricardo Carvalho Calero ou ao Día das Letras Galegas. O tamaño e a técnica que empreguedes é libre. Cando o teñades listo facédelle unha foto e podedes enviala:

  • ao voso titor ou titora,
  • ao noso correro electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com
   Coas fotos recibidas faremos unha recompilación que publicaremos aquí, no blog. 


    Recordade tamén que está aberto o prazo para participar en Bergondo nun conto, coma todos os anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario