5 de xuño – Día Mundial do Medio Ambiente
A variedade de alimentos que comemos, o
aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a
nosa vida no planeta, non existirían sen os servizos da natureza.
Hoxe, vivimos un momento excepcional no que a natureza envíanos unha mensaxe.
Para coidar de nós mesmos, primeiro debemos coidar dela.
Chegou a hora de reaccionar. De darnos conta. De levantar as nosas voces.
Chegou a hora de reconstruír mellor, polas persoas e o planeta.
Este Día Mundial del Medio Ambiente, chegou a Hora da Natureza.
Neste
enlace podedes atopar toda a información sobre o tema.
2º concurso de lema para o
Día Mundial do Medio Ambiente
Con
motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño
convócase o 2º concurso de lema para promover o coidado do noso entorno.
BASES
PARA O CONCURSO DE LEMAS
- Poderá
participar todo o alumnado do C.P.I. Cruz do Sar distribuído en tres
categorías:
- Categoría
A: alumnado de 1º a 3º de Ed.
Primaria. Poderán participar cun debuxo sobre o coidado da natureza e o
día do medio ambiente, no que se inclúa algún lema ou frase en galego que
invite ao coidado do medio.
- Categoría
B: alumnado de 4º a 6º de Ed.
Primaria. Poderán participar creando un lema que promova o coidado do
medio ambiente.
- Categoría
C: alumnado de ESO. Poderán
participar creando un lema que promova o coidado do medio ambiente.
- Cada
alumno ou alumna poderá presentar un traballo.
- O
tamaño de presentación dos
traballos será A4 (folio), no
caso dos debuxos, tanto en vertical coma en horizontal. No caso dos lemas,
para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e ESO non hai un tamaño establecido, porque
o que se valorará é o propio lema.
- Tamén
se terá en conta a súa facilidade para a publicación, polo que non son
aconsellables volumes, pregados ou brillos.
- Cada
traballo levará o nome, apelidos
e curso do autor/a, ou no nome do arquivo enviado.
- Os
traballos poden ser entregados:
- No
correo electrónico do Equipo: ednlcruzdosar@gmail.com
- Aos
seus titores, ou profesores, que logo reenvirán ao Equipo.
- Os
lemas poden ser deixados como comentarios nas entradas que se farán nas
redes sociais (Facebook, Instagram e blog) anunciando o concurso.
- O
prazo de presentación de traballos remata
o 2 de xuño.
- Entre
os traballos presentados serán seleccionados:
- 1
debuxo de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
- 1
lema de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
- 1
lema de Ed. Secundaria.
- Para
a selección dos lemas terase en conta o uso correcto da Lingua Galega e a
mensaxe que se transmite.
- Estes
tres traballos serán premiados cun cheque regalo para canxear na librería
Biblos de Betanzos.
- Os
premios poderán declararse desertos se o equipo considera que non teñen a
calidade suficiente.
- Os
traballos presentados serán publicados posteriormente, especialmente os
premiados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario