Con motivo do Día das Letras Galegas pedímosvos que nos dixerades o libro que estabades a ler. Esta é a recompilación do que nos contastes. Temos moito por ler. Graciñas de novo a todos e todas as que participastes.
29/5/20
28/5/20
Unha frase para don Ricardo
Neste vídeo fixemos unha recompilación das frases galegas coas que máis nos identificamos.
Esperamos que vos guste. Moitas grazas a todos os que participastes.
Esperamos que vos guste. Moitas grazas a todos os que participastes.
27/5/20
2º concurso de lema para o Día Mundial do Medio Ambiente.
5 de xuño – Día Mundial do Medio Ambiente
A variedade de alimentos que comemos, o
aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a
nosa vida no planeta, non existirían sen os servizos da natureza.
Hoxe, vivimos un momento excepcional no que a natureza envíanos unha mensaxe.
Para coidar de nós mesmos, primeiro debemos coidar dela.
Chegou a hora de reaccionar. De darnos conta. De levantar as nosas voces.
Chegou a hora de reconstruír mellor, polas persoas e o planeta.
Este Día Mundial del Medio Ambiente, chegou a Hora da Natureza.
Neste
enlace podedes atopar toda a información sobre o tema.
2º concurso de lema para o
Día Mundial do Medio Ambiente
Con
motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño
convócase o 2º concurso de lema para promover o coidado do noso entorno.
BASES
PARA O CONCURSO DE LEMAS
- Poderá
participar todo o alumnado do C.P.I. Cruz do Sar distribuído en tres
categorías:
- Categoría
A: alumnado de 1º a 3º de Ed.
Primaria. Poderán participar cun debuxo sobre o coidado da natureza e o
día do medio ambiente, no que se inclúa algún lema ou frase en galego que
invite ao coidado do medio.
- Categoría
B: alumnado de 4º a 6º de Ed.
Primaria. Poderán participar creando un lema que promova o coidado do
medio ambiente.
- Categoría
C: alumnado de ESO. Poderán
participar creando un lema que promova o coidado do medio ambiente.
- Cada
alumno ou alumna poderá presentar un traballo.
- O
tamaño de presentación dos
traballos será A4 (folio), no
caso dos debuxos, tanto en vertical coma en horizontal. No caso dos lemas,
para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e ESO non hai un tamaño establecido, porque
o que se valorará é o propio lema.
- Tamén
se terá en conta a súa facilidade para a publicación, polo que non son
aconsellables volumes, pregados ou brillos.
- Cada
traballo levará o nome, apelidos
e curso do autor/a, ou no nome do arquivo enviado.
- Os
traballos poden ser entregados:
- No
correo electrónico do Equipo: ednlcruzdosar@gmail.com
- Aos
seus titores, ou profesores, que logo reenvirán ao Equipo.
- Os
lemas poden ser deixados como comentarios nas entradas que se farán nas
redes sociais (Facebook, Instagram e blog) anunciando o concurso.
- O
prazo de presentación de traballos remata
o 2 de xuño.
- Entre
os traballos presentados serán seleccionados:
- 1
debuxo de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
- 1
lema de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
- 1
lema de Ed. Secundaria.
- Para
a selección dos lemas terase en conta o uso correcto da Lingua Galega e a
mensaxe que se transmite.
- Estes
tres traballos serán premiados cun cheque regalo para canxear na librería
Biblos de Betanzos.
- Os
premios poderán declararse desertos se o equipo considera que non teñen a
calidade suficiente.
- Os
traballos presentados serán publicados posteriormente, especialmente os
premiados.
17/5/20
Un día para don Ricardo
E moitos máis que teriamos que usar para achegarnos á vida e obra deste home. Aquí temos unha animación na que se nos resume a súa vida.
Feliz Día das Letras Galegas!
15/5/20
As pitas baixo a choiva
O web Aspitas.gal recolle o conto íntegro ademais das catro cancións compostas para achegar a Ricardo Carvalho Caleo aos máis novos da familia. Tamén hai actividades para facer.
Nestoutro web tedes máis recursos, información e actvidades para coñecer ao autor deste ano.
Un poema para don Ricardo.
Para rematar a semana das Letras Galegas imos darlle espazo á poesía. Ricardo Carvalho Calero ten varios poemarios dentro da súa obra, e foi, xunto co teatro, o xénero que empregou nas súas primeiras obras e colaboracións en xornais e revistas.
Hoxe pedímosvos que compartades un poema en galego (ou un fragmento), indicando o seu autor ou autora. Non esquezades que somos terra de grandes poetas como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Manuel María...
Coma en días anteriores esperamos a vosa participación nas redes sociais ou no correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com.
Hoxe pedímosvos que compartades un poema en galego (ou un fragmento), indicando o seu autor ou autora. Non esquezades que somos terra de grandes poetas como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Manuel María...
Coma en días anteriores esperamos a vosa participación nas redes sociais ou no correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com.
14/5/20
Un libro para don Ricardo
O autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, é autor de obras e estudos sobre a nosa lingua, pero tamén publicou:
Poemarios:
A lectura converteuse durante estas semanas nun xeito de viaxar e sentirnos libres, aínda sen saír da casa. Queremos que nos contedes que libro galego listes durante o confinamento, ou cal é o voso preferido. Podedes facelo enviándonos unha foto do libro ou facendo un comentario polos medios que xa coñecedes.
Poemarios:
o
Vieiros,
1931
o
O
silenzo axionllado, 1934
o
Anxo
da terra, 1950
o
Poemas
pendurados dun cabelo, 1952
o
Salterio
de Fingoy, 1961
o
Pretérito
imperfeito, 1980
o
Cantigas
de amigo e outros poemas, 1986
o
Reticências,
1982
Narrativa:
o
A
xente da Barreira, 1951
o
Scórpio,
1987
· Teatro:
o
Catro
pezas, 1971
o
Teatro
completo, 1982
13/5/20
Unha frase para don Ricardo.
Coas palabras dun idioma formamos frases, refráns, expresións e ditos que forman parte da nosa cultura, que nos identifican como colectividade, cun xeito de vivir propio. Fannos sentir membros dun grupo social. Así que hoxe imos perdirvos que nos digades cal é esa frase feita, ese refrán que usamos a cotío e que nos identifica como galegos. Esperamos a vosa colaboración a través do Facebook, Instagram, correo electrónico (ednlcruzdosar@gmail.com) ou no mesmo blog.
12/5/20
Unha palabra para don Ricardo.
As nosas letras están cheas de palabras fermosas, palabras que Ricardo Carvalho Calero estudou ao longo da súa vida. Mostra disto son as numerosas publicacións relacionadas coa lingua galega, como por exemplo a súa Gramática elemental del gallego común (1966).
Hoxe queremos que nos contes cal é a túa palabra preferida. Cal che parece máis fermosa? Cal é especial para ti?
Déixanos no teu comentario a túa palabra. Tamén podes facelo na entrada do Facebook, no Instagram ou mandala ao correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com
Hoxe queremos que nos contes cal é a túa palabra preferida. Cal che parece máis fermosa? Cal é especial para ti?
Déixanos no teu comentario a túa palabra. Tamén podes facelo na entrada do Facebook, no Instagram ou mandala ao correo electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com
11/5/20
Un marcapáxinas para don Ricardo
Queremos celebrar esta semana das Letras Galegas, aínda que sexa desde a casa, así que cada día da semana imos convidarvos a participar desde as redes sociais.
Hoxe luns propoñémosvos que creedes o voso marcapáxinas homenaxeando a Ricardo Carvalho Calero ou ao Día das Letras Galegas. O tamaño e a técnica que empreguedes é libre. Cando o teñades listo facédelle unha foto e podedes enviala:
Hoxe luns propoñémosvos que creedes o voso marcapáxinas homenaxeando a Ricardo Carvalho Calero ou ao Día das Letras Galegas. O tamaño e a técnica que empreguedes é libre. Cando o teñades listo facédelle unha foto e podedes enviala:
- ao voso titor ou titora,
- ao noso correro electrónico: ednlcruzdosar@gmail.com
Coas fotos recibidas faremos unha recompilación que publicaremos aquí, no blog.
Recordade tamén que está aberto o prazo para participar en Bergondo nun conto, coma todos os anos.
8/5/20
As miñas primeiras letras.
Os Bolechas celebran o Día das Letras Galegas cunha serie de vídeos nos que abordan algúns dos persoeiros a quen se lles adicou a festividade das nosas letras. Podedes acceder co enlace:
https://www.lingua.gal/recursos/para-medrar-en-galego/_/letras-galegas/Outros/contido_0050/minas-primeiras-letras-galegas
Un pouquiño de música.
O noso alumno Andrés Rodríguez Boutureira xunto con Icía Varela Gómez e Brian Rodríguez Pardiñas compuxeron esta canción.
Toda a información en https://tv.udc.gal/video/5eaa7ff111cad18e058b457b
Unha palabra para don Ricardo.
A Academia está a difundir cada día dos mes de maio unha serie de microespazos audiovisuais arredor da figura de Ricardo Carvalho Calero.
No enlace podes ler máis información:
E no seguinte enlace podedes ver todos os que xa foron publicados:
https://academia.gal/letras-actual#tab6
Neste outro enlace tedes máis información para coñecer a figura de don Ricardo (biografía, cartas, imaxes...).
http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2020/
Na páxina da Primavera das Letras, hai tamén moita información para os máis novos, xunto con actividades.
http://primaveradasletras.gal/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)