4/2/22

Terra, adaptado con pictogramas


 Aquí vos deixamos unha adaptación do vídeo de Tanxugueiras con pictogramas. 

Temos un pouco abandonadas as redes sociais. Pedímosvos desculpas e a ver se agora que vai vindo a primavera nos poñemos ó día. 

25/10/21

Volven os castañóns!

 Este ano imos traballar máis o magosto, e deixaremos pasar o samaín (salvo pequenas actividades a nivel aula).

Para o magosto decidimos recuperar os castañóns. 

Cada aula preparará o seu, que será exposto a mañá do magosto, o 11 de novembro, no patio. Un será salvado do lume e conservarémolo ata o vindeiro curso. O grupo que elabore o castañón salvado poderá escoller o menú do comedor para un día do mes de decembro. 

Toca poñer a creatividade a traballar. 



22/10/21

Concursos de outono

 Non esquezades que xa están en marcha os concursos relacionados co Samaín.





18/10/21

150 anos da chegada de Rosalía á Coruña.

 A agrupación cultural Alexandre Bóveda (https://www.acalexandreboveda.gal/events/un-dia-con-rosalia-150-anos-da-chegada-de-rosalia-a-coruna/) organiza Un día con Rosalía para conmemorar os 150 anos da chegada de Rosalía á Coruña cun completo programa de activdades. 



2/7/21

Letras Galegas 2022

A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2022 a Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987).

Florencio Delgado Gurriarán, avogado de formación, foi poeta, articulista, pioneiro da tradución poética interlingüística, editor literario e home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior, capaz de tecer asemade vínculos coa intelectualidade doutras orixes.

Estes son algúns dos enlaces que se publicaron hoxe e que fan unha pequena reseña do autor.

https://academia.gal/-/as-letras-galegas-2022-homenaxear-c3-a1n-a-florencio-delgado-gurriar-c3-a1n?redirect=%2Fcomunicacion%2Fnovas 

https://axendacultural.aelg.gal/2021/07/02/as-letras-galegas-2022-homenaxearan-a-florencio-delgado-gurriaran/

https://praza.gal/cultura/florencio-delgado-gurriaran-homenaxeado-nun-dia-das-letras-que-reconecera-o-labor-da-intelectualidade-galega-no-exilio

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=32675

Novos enlaces con materiais sobre o autor deste ano:

http://seminariogalan.org/inicio/2022/documentos

https://primaveradasletras.gal/

28/6/21

A palabra do curso, resultados.

Estes foron os resultados da palabra do curso despois das distintas votacións:

 

A alumnado nas últimas sesións do curso elaborou debuxos ilustrando a palabra deste curso: DISTANCIA

 












Letras Galegas 2021

 Neste curso optamos por traballar a celebración do Día das Letras Galega a nivel de grupos de titoría. 

Na entrada do edificio A colocousa información sobre a autora homenaxeada nesta ocasión, Xela Arias. 




 

Ademais dos traballos individuais do alumnado fixemos un mural colectivo no que o alumnado de Ed. Primaria traballou sobre os autores que foron homenaxeados desde que se celebra o Día das Letras Galegas. Os diferentes autores  repartíronse entre os grupos de Ed. Primaria. Na ficha que tiñan que cubrir debían incluír: un debuxo ou caricatura do autor, en que ano se lle adicou a día das Letras Galegas, unha breve biografía e algunhas das súas obras.