15/10/18

Día das escritoras

Hoxe, 15 de outrubro, celébrase o días das escritoras. A iniciativa parte da Biblioteca Nacional. Nesta presentación, da Biblioteca pública de Lugo, pódense respasar algunhas das nosas escritoras.
 

9/10/18

O mundo da radio.

Un xogo para coñecer un pouquiño máis da radio.
https://portaldaspalabras.gal/xogo/a-radio/ 

1/10/18

Día Europeo das Linguas

O pasado 26 de setembro celebrouse o Día Europeo das Linguas. Con tal motivo puxemos unha pequena mostra de materiais nas linguas europeas que podemos atopar na nosa biblioteca.

3/1/18

Recomendacións lectoras Nadal



Actividades para Nadal


En ESO, este traballo de decoración das portas estará enfocado como concurso.
En E.Primaria, non estará enfocado como concurso senón como unha actividade de participación e colaboración das diferentes clases na decoración dos edificios que forma o CPI para o Nadal.





Este ano, o concurso "Tarxetas de Nadal" foi organizado polo Concello de Bergondo, así que o alumnado que quixo participar fixoo a través do CPI Cruz do Sar, que se encargou de difundir as bases do concurso, proporcionar o material ao alumnado e recoller as tarxetas participantes.
Para non duplicar esta actividade, que outros anos organizaba o EDLG do CPI Cruz do Sar, este equipo, en colaboración coa biblioteca organizou "Desexos para o Nadal". Ademáis propuxemos a decoración das portas das aulas para colocar as tarxetas cos desexos.


Novembro: Mes da ciencia en galego









A Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria impulsou a celebración anual do mes de novembro como Mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares.
Colaboramos coa biblioteca do noso centro para animar aos titores e departamentos a colaborar co seu alumnado, nas diferentes exposicións colocadas nos corredores. Tamén fixemos unha selección de libros de lectura e consulta, preferentemente en galego, relacionados coas ciencias.

Por Samaín... Relatos e debuxos de medo!!