3/1/18

PARECER PARÉCENSE... PERO NON CHE SON O MESMO


Palabras en galego que, pola influenza da súa traducción en castelán poden levar a confusións.
Esta exposición foi cedida polo Departamento de Lingua Galega do IES o Mosteirón de Sada.

Reportaxe Samaín CPI Cruz do Sar

CURSO 2017-18. PRIMEIRAS ACTIVIDADES

Agora que remata o ano, e cando estamos de vacacións, temos tempo de mirar cara atrás e ver o traballo feito durante este trimestre dende o EDLG do CPI Cruz do Sar. Sen dúbida o noso traballo pode ir a máis e a mellor (a tarefa dos profesores, mestres e educadores non ten límite) e, iremos engadindo outras actividades levadas a cabo nas aulas neste primeiro trimestre do curso.


En colaboración co Departamento de Francés saludamos o outono, época na que se celebra o Samaín. E tamén, traído dende outras terras máis lonxanas celebrase o Halloween.


Acompañamos, como cada ano, os cartaces e murais para a  celebración de Halloween con exposicións de cabazas realizadas polos rapaces e rapazas, tanto de EP como de ESO.
En colaboración coa biblioteca realizamos unha selección de lecturas de medo, que tamén formaron parte das exposicións.


22/2/17

ENTROIDO 2017.MANDADAS 2






                                 MANDADAS DE ENTROIDO 2017 on PhotoPeach                                                                     

15/2/17

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

En homenaxe  a Agustín Fernández Paz, escritor falecido o 12 de xullo  de 2016, desde o ENDL e o Departamento de Lingual Galega realizaron  varias actividades relacionadas co proxecto E ti:que vés sendo? da nosa Biblioteca.
Organizaron unha exposición centrada na descrición persoal do autor, fotos das súas obras e características da súa escrita e incluíron reflexións e análises literarias do alumnado a partir da lectura dunha das obras do autor.
Ademáis convidaron aos alumnos de Secundaria a escribir unha carta dirixida  a Agustín para que expresasen as súas ideas e valoracións persoais sobre a obra que leron no primeiro trimestre.