13/5/10

Primeira entrega




As nosas árbores énchense de follas e cada folla leva un refrán ou cantiga.

As primeiras que recollimos foron estas que tedes agora a continuación:

Alá vai o gaiteiro detrás do pinar, leva a gaita rompida de tanto tocar
.
Cando a Candelaria chora, metade do inverno vai fora, que chore que deixe de chorar a outra metade está sen pasar.
Pola Candelaria medio inverno vai fóra.
Por San Antón/ a boa oca pon; / Pola Candelaria, / pon a boa e a mala.
Non hai Entroido sen lúa febreiriña.
Día de Entroido ou de Pascua, cada papón na súa casa.
O Entroido ó tizón, a Pascua ó sol.
Entroido seco, pascua mollada.
Entroido larafuzán, coméchesme a carne e deixáchesme o pan.
Non todos os martes, son días de entroido.
Martes de entroido, cando has de vir? Casquiñas de ovos case habedes de ruxir.
O entroido coas súas artes, botou a San Matías fóra do martes.

No mes de febreiro os pés no braseiro.
A chuvia no febreiro fai bó palleiro.
En febreiro sete capas e un sombreiro.
En febreiro un pouco ó Sol e outro ó fumeiro.
Febreiriño curto cos seus 28 e o que ben contou 29 encontrou sidaza máis 4 non queda can nin gato.
Febreiro, xeada na lareira, cachopo na lareira.
A finais de febreiro o cuco pica co peteiro.
As patacas de febreiro van no cesto e veñen no sombreiro.
En febreiro dúas chaquetas e un sombreiro.
Nas mañás de xaneiro nin se dan os bos días nin se quita o sombreiro.
Patacas de xaneiro van no cesto e veñen no sombreiro.
En xaneiro, frío no corpo enteiro.
En xaneiro, polo día ó sol e á noite ó braseiro.
Se no xaneiro ves os campos verdear, bótate a chorar; se os ves terrexar, bótate a chorar.
En xaneiro a ria sabe a carneiro.
O sol de xaneiro, pouco duradeiro.
Quen pasa o mes de xaneiro, pasa o ano enteiro.


Cando marzo maiea, maio marcea.
Marzo, marzolo, raio, raiolo.
Marzo marzán, pola mañá cara de rosa, pola noite cara de can.
En marzo machaquei as castañas cun mazo.
Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
Lúa nova con treboada, trinta días de mollada.
Ceo empredrado, chan mollado.


Usas para comer e non é prato nin culler…
En san Brais, dúas horas máis.
Polo san Brais, a cegoña verás.

Polo San Martiño trompos no camiño.
En abril, augas mil.
En maio aínda a vella queima o talo.

Se vou nun bou, non vou. Se non vou nun bou, non vou.
Polo san Matías escomenzan as enxentías.Cando chove e quenta o sol, anda o demo por Ferrol.
Quen a boa árbore se arrima boa sombra lle cobixa.


Mais vale que sobre pan que que falte viño.

Heiche de dar o aboi mouro / heiche de dar o boi mouro / dareiche a filla máis nova / ¡meu ben! / pra que te cases con ela.

É máis longo que un día sen pan.

Un, dous, tres, catro, cómeche os pelos o gato.

17/3/10

As nosas árbores





As nosas árbores xa se van enchendo de follas nas que aparecen textos relacionados co entroido, e o inverno...

En próximas entradas recopilaremos os textos que entre todos recollimos. Estade atentos ós vindeiros temas que vos imos propoñer.



12/3/10

Orgullosos do noso, orgullosos do galego.

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística comeza a campaña Orgullosos do noso, orgullosos do galego. A iniciativa pretende concienciar a sociedade de que ter lingua propia é unha sorte e un motivo para estar orgulloses. Entre os vídeos atopamos o que dá título á campaña, no que diversos persoeiros da cultura do país, como Luís Tosar, Belén Regueira ou Antón Reixa, amosan o seu apoio a esta proposta.

14/1/10

Gañadores no concurso de tarxetas

A continuación tedes as tarxetas gañadoras en cada categoría.



  • 1º ciclo de Ed. Primaria, Geovanna Oliveira, 1ºA


Gañadora absoluta do concurso, e foi a utilizada para felicitar as festas a toda a comunidade educativa.





  • 2º ciclo de Ed. Secundaria, Uxía Hadaly, 3º A







  • 1ºciclo de Ed. Secundaria, Mateo López, 1ºA




  • 3º ciclo de Ed. Primaria, Manuel Marticó, 6ºA




  • 2º ciclo de Ed. Primaria, Aurora Ríos, 3ºB










Concurso de tarxetas de Nadal

Como tódolos anos celebramos un concurso de tarxetas de Nadal para escoller a que felicitaría a toda a comunidade escolar. Nestas fotos vedes os traballos expostos dos alumnos de Ed. Primaria.




































3/11/09

SAMAÍN NO CRUZ DO SAR 2009 on PhotoPeach

28/4/09


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

Este ano será homenaxeado o día das Letras Galegas o escritor Ramón Piñeiro.
Ramón Piñeiro López naceu no seo dunha familia labrega da parroquia de Armea, concello de Láncara (Lugo), en maio de 1915.
Ramón Piñeiro foi o director literario de Galaxia e, dende ese posto, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega da posguerra. Un dos primeiros propósitos da editorial foi crear unha revista, Grial, para a que non se conseguiría autorización gobernamental ata o ano 1963. Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego dirixiríana dende esa data e nela o primeiro publicaría máis de corenta colaboracións. Mais, previamente, esta publicación periódica foi saíndo do prelo de forma encuberta, como colección de libros de autoría múltiple. Na Colección Grial, que editou catro números antes de que as autoridades a suspendesen, publicou Ramón Piñeiro o seu primeiro ensaio filosófico: "Significado metafísico da saudade" (1951), Con esta obra demostraba sobradamente o que o goberno e moitos cidadáns poñían en dúbida: a capacidade da lingua galega para o xénero ensaístico e para a especulación filosófica.
Moi vinculado á política dende mozo, foi elixido deputado autonómico, o que lle deu a oportunidade de traballar a prol da Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983. Nese mesmo ano, Ramón Piñeiro foi elixido presidente do primeiro Consello da Cultura Galega, cargo que ocuparía ata o seu pasamento en 1990. mundo.
Alguns dos libros que escribiu son:
Olladas no futuro. Vigo, Galaxia, 1974.Lembrando a Castelao. Santiago de Compostela, SEPT, 1975.Filosofía da saudade. Vigo, Galaxia, 1984.Fermín Penzol. Vigo, Galaxia, 2001.Da miña acordanza. Memorias. Vigo, Galaxia, 2002.Galicia. Vigo, Galaxia, 2002.A linguaxe e as linguas. Vigo, Galaxia, 2008.