1/11/22


 

Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022

   O xurado destacou a súa obra 'As malas mulleres' (Galaxia) "pola súa orixinal estrutura híbrida que a converte nunha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe".

  Ademais, o xurado sinalou que "a obra recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral. A autora pon o acento nas desigualdades e á vez ofrece unha mirada esperanzadora: a capacidade de resiliencia e emancipación do ser humano, destacando a importancia da sororidade e do compromiso cos demais". 

             Lectura recomendada !

2/9/22

Que significa Bergondo?

 Nesta publicación da Real Academia Galega podes coñecer un pouquiño máis sobre a orixe do topónimo do noso concello e dos do resto da provincia. O enlace levarate á páxina onde podes descargar a publicación. 

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/377





1/9/22

Laxeiro.

 O pasado 1 de abril o Día das Artes Galegas adicouse a Laxeiro. Con tal motivo o alumnado de Primaria e o alumnado de Ed. Plástica de Ed. Secundaria participou no traballo sobre este artista. 

  O alumnado de Ed. Primaria elaborou carteis cos datos biográficos do pintor, despois de traballar con diferentes materiais (nas redes e en fondos bibliográficos). Ademais fíxose un achegamento á súa obra a través de diferentes presentacións e de traballos variados. Con todo isto elaborouse unha pequena exposición.




  Os carteis que  recollen a súa biografía encadernáronse  e pasan a formar parte dos fondos da nosa biblioteca. 

  O alumnado de Secundaria traballou sobre a súa obra, usando a técnica de estampación. 



  Agradecemos a colaboración da Fundación Laxeiro de Vigo, que nos facilitou diferentes materiais para traballar arredor da súa figura. 


16/7/22

Francisco Fernández del Riego

Desde hai uns días xa coñecemos o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego. No enlace da RAG tedes información sobre o autor. 

https://academia.gal/-/a-rag-dedicaralle-o-d-c3-ada-das-letras-galegas-2023-a-francisco-fern-c3-a1ndez-del-riego 

19/5/22

4º Concurso de lema para o Día Mundial do Medio Ambiente.

4º concurso de lema para o Día Mundial do Medio Ambiente

            Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño convócase o 4º concurso de lema para promover o coidado do noso entorno.

 

BASES PARA O CONCURSO DE LEMAS

  • Poderá participar todo o alumnado do C.P.I. Cruz do Sar distribuído en tres categorías:
    • Categoría A: alumnado de 1º a 3º de Ed. Primaria. Poderán participar cun debuxo sobre o coidado da natureza e o día do medio ambiente, no que se inclúa algún lema ou frase en galego que invite ao coidado do medio.
    • Categoría B: alumnado de 4º a 6º de Ed. Primaria. Poderán participar creando un lema que promova o coidado do medio ambiente.
    • Categoría C: alumnado de ESO. Poderán participar creando un lema que promova o coidado do medio ambiente.
  • Cada alumno ou alumna poderá presentar un traballo.
  • O tamaño  de presentación dos traballos será A5 (medio folio), tanto en vertical coma en horizontal. Tamén se pode usar o modelo que se proporcionará como base para presentar o lema. Este ano o modelo é o planeta Terra, porque o lema que promove a ONU é “Unha soa terra”
  • Tamén se terá en conta a súa facilidade para a publicación, polo que non son aconsellables volumes, pregados ou brillos.
  • Cada traballo levará o nome, apelidos e curso do autor/a , na parte posterior do curso, ou no nome do arquivo enviado.
  • Os traballos poden ser entregados:
    • No correo electrónico do Equipo: ednlcruzdosar@gmail.com
    • Aos seus titores, ou profesores, que logo reenvirán ao Equipo.
  • O prazo de presentación de traballos remata o 10 de xuño. Non entrará en concurso ningún traballo entregado posteriormente a esa data.
  • Entre os traballos presentados serán seleccionados:
    • 1 traballo de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
    • 1 traballo de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
    • 1 traballo de Ed. Secundaria.
  • Para a selección dos traballos terase en conta o uso correcto da Lingua Galega e a mensaxe que se transmite.
  • Estes tres traballos serán premiados cun cheque regalo para canxear na librería Biblos de Betanzos.
  • Os premios poderán declararse desertos se o equipo considera que non teñen a calidade suficiente.

Os traballos presentados serán publicados posteriormente e confeccionarase un mural na entrada do edificio A cos mesmos.       

18/5/22

O soño da Galicia infinda.

 Nesta serie de vídeos repasamos a figura de Florencio Delgado Gurriarán.

6/5/22

O Guieiro de Florencio

 Neste enlace podedes acceder ás infografías dos carteis de Florencio Delgado que están exposto na entrada do edificio A. 

https://oguieirodeflorencio.blogspot.com//2022/01/infografias-e-carteis-interactivos.html

Neste outro tedes acceso a diferentes audiovisuais sobre a vida do escritor.

https://oguieirodeflorencio.blogspot.com//2022/01/audiovisuais-sobre-biografia-de.html

E para rematar un vídeo para seguir descubrindo ao homenaxeado deste ano.

11/4/22

Imos acercándonos o Día das Letras Galegas.

Enlace do vídeo que resume a traxectoria vital do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

 https://youtu.be/J4W5JxWd0ds

21/3/22

Regueifa con pictogramas.

 O alumnado de 1º e 2º de E.S.O. preparou un vídeo para a súa participación no certame "Regueifando". Posteriormente engadímoslle os pictogramas e aquí tedes o resultado. 

4/2/22

Terra, adaptado con pictogramas


 Aquí vos deixamos unha adaptación do vídeo de Tanxugueiras con pictogramas. 

Temos un pouco abandonadas as redes sociais. Pedímosvos desculpas e a ver se agora que vai vindo a primavera nos poñemos ó día.