Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022
O xurado destacou a súa obra 'As malas mulleres' (Galaxia) "pola súa orixinal estrutura híbrida que a converte nunha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe".
Ademais, o xurado sinalou que "a obra recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral. A autora pon o acento nas desigualdades e á vez ofrece unha mirada esperanzadora: a capacidade de resiliencia e emancipación do ser humano, destacando a importancia da sororidade e do compromiso cos demais".
Lectura recomendada !
No hay comentarios:
Publicar un comentario