4º concurso de lema para o
Día Mundial do Medio Ambiente
Con motivo da celebración do Día
Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño convócase o 4º concurso de lema
para promover o coidado do noso entorno.
BASES PARA O CONCURSO DE LEMAS
- Poderá participar todo o alumnado
do C.P.I. Cruz do Sar distribuído en tres categorías:
- Categoría A: alumnado de 1º a 3º de Ed. Primaria. Poderán participar cun
debuxo sobre o coidado da natureza e o día do medio ambiente, no que se
inclúa algún lema ou frase en galego que invite ao coidado do medio.
- Categoría B: alumnado de 4º a 6º de Ed. Primaria. Poderán participar
creando un lema que promova o coidado do medio ambiente.
- Categoría C: alumnado de ESO. Poderán participar creando un lema que
promova o coidado do medio ambiente.
- Cada alumno ou alumna poderá
presentar un traballo.
- O tamaño de presentación dos traballos será A5 (medio folio), tanto en
vertical coma en horizontal. Tamén se pode usar o modelo que se proporcionará
como base para presentar o lema. Este ano o modelo é o planeta Terra,
porque o lema que promove a ONU é “Unha
soa terra”
- Tamén se terá en conta a súa
facilidade para a publicación, polo que non son aconsellables volumes,
pregados ou brillos.
- Cada traballo levará o nome, apelidos e curso do autor/a
, na parte posterior do curso, ou no nome do arquivo enviado.
- Os traballos poden ser entregados:
- No correo electrónico do Equipo: ednlcruzdosar@gmail.com
- Aos seus titores, ou profesores,
que logo reenvirán ao Equipo.
- O prazo de presentación de
traballos remata o 10 de xuño. Non
entrará en concurso ningún traballo entregado posteriormente a esa data.
- Entre os traballos presentados
serán seleccionados:
- 1 traballo de 1º, 2º e 3º de Ed.
Primaria
- 1 traballo de 4º, 5º e 6º de Ed.
Primaria
- 1 traballo de Ed. Secundaria.
- Para a selección dos traballos
terase en conta o uso correcto da Lingua Galega e a mensaxe que se
transmite.
- Estes tres traballos serán
premiados cun cheque regalo para canxear na librería Biblos de Betanzos.
- Os premios poderán declararse
desertos se o equipo considera que non teñen a calidade suficiente.
Os traballos presentados serán publicados posteriormente e confeccionarase un mural na entrada do edificio A cos mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario