28/6/21

A palabra do curso, resultados.

Estes foron os resultados da palabra do curso despois das distintas votacións:

 

A alumnado nas últimas sesións do curso elaborou debuxos ilustrando a palabra deste curso: DISTANCIA

 












Letras Galegas 2021

 Neste curso optamos por traballar a celebración do Día das Letras Galega a nivel de grupos de titoría. 

Na entrada do edificio A colocousa información sobre a autora homenaxeada nesta ocasión, Xela Arias. 




 

Ademais dos traballos individuais do alumnado fixemos un mural colectivo no que o alumnado de Ed. Primaria traballou sobre os autores que foron homenaxeados desde que se celebra o Día das Letras Galegas. Os diferentes autores  repartíronse entre os grupos de Ed. Primaria. Na ficha que tiñan que cubrir debían incluír: un debuxo ou caricatura do autor, en que ano se lle adicou a día das Letras Galegas, unha breve biografía e algunhas das súas obras. 






15/6/21

A palabra do curso 2020/2021

 Xa podes escoller de entre estas finalistas, cal é para ti a palabra do curso. 



Grazas polo teu voto!

11/6/21

Unha palabra para un curso




 Xa estamos rematando o curso. Con que palabra resumirías o 2020/2021? Cal foi a palabra de moda? Cal foi esa palabra que escoitaches ata aburrirte?

Trátase de propoñer unha palabra coa que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión que máis se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer... Debe ser unha soa palabra ou frase feita.

Esta proposta farase a través das seguintes canles:

O alumnado de Ed. Primaria tamén poderá facer as súas propostas a través das súas titoras ou titores que as entregarán a algún membro do membro do EDLG.

As palabras ofensivas, malsoantes ou con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.

Unha vez recollidas nas redes sociais, no correo electrónico e nas titorías as propostas da comunidade, farase unha selección (máis orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán ser votadas despois na enquisa que se publicará no blog e nas redes sociais.

As titorías de Ed. Primaria poden facer a súa votación na aula e logo pasarán os resultados ao EDLG, que os sumará aos obtidos no blog e nas redes sociais.

A palabra que acade máis votos será a palabra do curso.

Temporalización:

1ª fase, proposta de palabras: entre o 11 e 14 de xuño.

2ª fase, votación de palabras: 16 e 17 de xuño.

Publicación dos resultados: venres, 18 de xuño.

Unha vez que se saiba cal é a palabra do curso queremos invitar a todos os membros da comunidade escolar a elaborar debuxos e carteis que inclúan a palabra do curso 20/21. Os traballos recibidos publicarémolos e expoñerémolos nos accesos aos diferentes edificios do centro.

Ánimo, que xa queda menos!

Resultados do 3º concurso de Lema para o Día Mundial do Medioambiente.

  Xa hai unha semaniña que vos comunicamos os gañadores do noso concurso a través de Instagram https://www.instagram.com/edlgcruzdosar/?hl=es. Pero para os despistados e despistadas son estes:

Sofía Amor 3º E.P.

Jaime Puyuelo 4º E.P.


Lucía Jiménez 4º E.S.O.


Neste vídeo podesdes ver un resumo do traballo realizado: