Na segunda recollida pedimos refráns ou ditos relacionados coa primavera, o mes de abril ou a Semana Santa. Esta é unha mostra do que xuntamos.
En abril, augas mil.
O mes de abril mollado, malo na horta e bo no campo.
En abril, espiga ó mil.
Se marzo non marcea, abril ventisquea.
O inverno non pasou ata que abril non rematou.
Abril sorrinte, de frío mata a xente.
En marzo o cataventos, nin dous días está quieto.
Marzo ventoso e abril caluroso, traen o maio, florido e fermoso.
Marzo, marzán, pola mañá cara de risa e pola tarde cara de can.
Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
Marzo, marzán, pola mañá cara de can.
Marzo, marzolo, asoma o raiolo.
Marzo, marzán, pola mañá cariña de rosa e pola tarde cariña de can.
Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.
Nin marzo con flores, nin moza sen amores.
A primavera, o sangue altera.
Moita flor en primavera, bon outono nos espera.
Auga en primavera, se non é torrencial, enche a paneira.
A primavera que cante ou que chove, non ven sen flores.
Domingo de Ramos, lavas os teus panos que na de Paixón, os lavas ou non.
Tres xoves hai no ano que relocen máis que o sol: Xoves Santo, Corpus Cristhi e o día da Ascensión.
Na Semana Santa coa familia hai que gardar a vixilia.
San Marcos, rei das pozas.
A Semana Santa, todos aman.
Quen para a palma non estree nada, non vale nada.
Da Pascua á Ascensión, corenta días son.
Altas ou baixas, en abril son as Pascuas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario