13/5/10

Primeira entrega




As nosas árbores énchense de follas e cada folla leva un refrán ou cantiga.

As primeiras que recollimos foron estas que tedes agora a continuación:

Alá vai o gaiteiro detrás do pinar, leva a gaita rompida de tanto tocar
.
Cando a Candelaria chora, metade do inverno vai fora, que chore que deixe de chorar a outra metade está sen pasar.
Pola Candelaria medio inverno vai fóra.
Por San Antón/ a boa oca pon; / Pola Candelaria, / pon a boa e a mala.
Non hai Entroido sen lúa febreiriña.
Día de Entroido ou de Pascua, cada papón na súa casa.
O Entroido ó tizón, a Pascua ó sol.
Entroido seco, pascua mollada.
Entroido larafuzán, coméchesme a carne e deixáchesme o pan.
Non todos os martes, son días de entroido.
Martes de entroido, cando has de vir? Casquiñas de ovos case habedes de ruxir.
O entroido coas súas artes, botou a San Matías fóra do martes.

No mes de febreiro os pés no braseiro.
A chuvia no febreiro fai bó palleiro.
En febreiro sete capas e un sombreiro.
En febreiro un pouco ó Sol e outro ó fumeiro.
Febreiriño curto cos seus 28 e o que ben contou 29 encontrou sidaza máis 4 non queda can nin gato.
Febreiro, xeada na lareira, cachopo na lareira.
A finais de febreiro o cuco pica co peteiro.
As patacas de febreiro van no cesto e veñen no sombreiro.
En febreiro dúas chaquetas e un sombreiro.
Nas mañás de xaneiro nin se dan os bos días nin se quita o sombreiro.
Patacas de xaneiro van no cesto e veñen no sombreiro.
En xaneiro, frío no corpo enteiro.
En xaneiro, polo día ó sol e á noite ó braseiro.
Se no xaneiro ves os campos verdear, bótate a chorar; se os ves terrexar, bótate a chorar.
En xaneiro a ria sabe a carneiro.
O sol de xaneiro, pouco duradeiro.
Quen pasa o mes de xaneiro, pasa o ano enteiro.


Cando marzo maiea, maio marcea.
Marzo, marzolo, raio, raiolo.
Marzo marzán, pola mañá cara de rosa, pola noite cara de can.
En marzo machaquei as castañas cun mazo.
Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
Lúa nova con treboada, trinta días de mollada.
Ceo empredrado, chan mollado.


Usas para comer e non é prato nin culler…
En san Brais, dúas horas máis.
Polo san Brais, a cegoña verás.

Polo San Martiño trompos no camiño.
En abril, augas mil.
En maio aínda a vella queima o talo.

Se vou nun bou, non vou. Se non vou nun bou, non vou.
Polo san Matías escomenzan as enxentías.Cando chove e quenta o sol, anda o demo por Ferrol.
Quen a boa árbore se arrima boa sombra lle cobixa.


Mais vale que sobre pan que que falte viño.

Heiche de dar o aboi mouro / heiche de dar o boi mouro / dareiche a filla máis nova / ¡meu ben! / pra que te cases con ela.

É máis longo que un día sen pan.

Un, dous, tres, catro, cómeche os pelos o gato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario