9/11/19

Outono en marcha


Desde o EDLG e a Biblioteca propuxemos algunhas actividades para este outono, tendo en conta a celebración do Magosto e Samaín e o día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro).


Portas de medo!
Todo o alumnado
·        Cada titoría decorará a porta da súa aula cun tema relacionado co Samaín ou o outono.

·        Haberá un premio colectivo para a mellor porta de Ed. Primaria e a mellor porta de Ed. Secundaria.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos presentados non teñen unha calidade mínima.

A caixa dos medos.
1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria
O alumnado destes niveis preparará tarxetas nas que escribirán cales son os seus maiores medos, para despois, acompañados polo seu titor/titora, depositalas na caixa dos medos que se colocará na  Biblioteca. Logo farase unha selección dos máis curiosos ou o máis destacados para expoñer.

Debuxamos Descripción: IMG_1473Descripción: IMG_1473Descripción: IMG_1473de medo
1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
·        O alumnado destes niveis preparará debuxos relacionados co Samaín ou Magosto.
·        Os debuxos levarán o nome e grupo ó que pertencen na parte posterior.
·        Cada titor/a recollerá os do seu grupo.
·        Os debuxos expoñeranse na entrada do edificio C.
·        De entre os debuxos expostos seleccionarase un co que se elaborará o adhesivo conmemorativo do Samaín neste ano.
·        O traballo seleccionado será premiado con un cheque-regalo.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos presentados non teñen unha calidade mínima.


Relatos terroríficos
4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
·        O alumnado creará relatos ou contos de medo.
·        A lingua de presentación será a Lingua Galega.
·        Os traballos presentados non superarán a extensión dun folio (pode ser polas dúas caras).
·        Poderán vir acompañados de debuxos ou ilustracións.
·        O nome, apelidos e grupo do autor/a deberá aparecer ao final do relato.
·        Os traballos entregaranse aos titores que logo os entregarán ao EDLG ou na Biblioteca.
·        Premiarase un relato de cada nivel cun cheque-regalo.
·        Valorarase unha mínima calidade narrativa, de expresión, orixinalidade, ortografía e presentación.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos presentados non teñen unha calidade mínima.


Relatos terroríficos
1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O.
·        O alumnado creará relatos ou contos de medo.
·        A lingua de presentación poderá ser: L. Galega, L. Castelá, L. Inglesa, L. Francesa.
·        Os traballos presentados non superarán a extensión dun folio (pode ser polas dúas caras).
·        Poderán vir acompañados de debuxos ou ilustracións.
·        O nome, apelidos e grupo do autor/a deberá aparecer ao final do relato.
·        Os traballos entregaranse ao EDLG ou na Biblioteca.
·        Premiarase un relato en cada unha das linguas cun cheque-regalo.
·        Valorarase unha mínima calidade narrativa, de expresión, orixinalidade, ortografía e presentación.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos presentados non teñen unha calidade mínima.

Vídeo-relatos terroríficos
1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O.
·        O alumnado de xeito individual ou en grupo creará vídeo-relatos de medo en Lingua Galega.
·        A duración máxima do vídeo será de 10 minutos.
·        Os grupos poderán estar formados por un máximo de 6 membros.
·        Os traballos entregaranse ao EDLG ou ao profesorado de Lingua Galega (Marta e Xoán)
·        Premiarase un vídeo-relato cun cheque-regalo.
·        Valorarase unha mínima calidade narrativa, de expresión, orixinalidade, ortografía e presentación.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos presentados non teñen unha calidade mínima.

Día das escritoras
1º e 2º E.S.O.
A alumnado de Investigación e tratamento da información (1º E.S.O.) e Valores Sociais e Cívicos (2º E.S.O.) traballou na biblioteca destacando libros escritos por mulleres e como están organizados os libros de lectura para a súa idade.

Día das Bibliotecas escolares
Todo o alumnado
O alumnado que durante eses días acuda á biblioteca leve algún libro en pŕestamo, recibirá unha chapa conmemorativa.

13/10/19

Enquisas




Dende o EDLG traballamos xunto co equipo de Biblioteca e os diferentes departamentos para dar visibilidade e fortaleza ao uso da nosa lingua.
Para levar a cabo a nosa actividade precisamos coñecer cal é a situación actual da Lingua Galega na nosa contorna e no noso centro. Para iso comezamos cunhas enquisas para toda a comunidade escolar.

  • Enquisa para o alumnado de 5º de Ed. Primaria a 4º de E.S.O. Cubrirana no centro coas inidcacións que os seus/súas titores/as lles dean, a través da aula virtual.
  • Enquisa para o profesorado. Será enviada a cada docente ao seu correo persoal.
  • Enquisa para o persoal non docente. A través da aula virtual poderán acceder á enquisa coa clave que se lles facilitará.
  • Enquisa para as familias. A través da aula virtual poderán acceder á enquisa coa clave que se lles facilitará a través dunha carta que o alumnado levará á casa. Só é necesario responder unha vez por unidade familiar.
O prazo para cubrir as enquisas rematará o vindeiro 31 de outubro. A partir dese momento analizaremos os datos recollidos para preparar as nosas actividades de cara a este curso e aos vindeiros.

10/9/19

A palabra do curso

Xa estamos de volta, e revisando vexo que non vos contamos a palabra do curso.

No remate do curso pasado, propuxemos ó alumnado que escollera unha palabra coa que definir o curso que acababa, ou aquela coa que recordar os últimos meses.

Das propostas fíxose unha selección que foi votada nunha segunda fase por todo o alumnado.

 

Tras a votación e con gran sorpresa,  a palabra seleccionads foi "PINGÜÍN". Así deixamos constancia no patio.


Ademais na porta de cada aula, puxemos a palabra ou palabras máis votadas polo alumnado desa aula.


E despois disto,  fixemos protagonista da campaña da biblioteca para este curso, a un simpático pingüín viaxeiro. Esperemos que sexa un curso cheo de grandes viaxes.

Feliz curso 2019 / 2020



24/6/19

Letras Galegas 2020. Novas.

Actualización do 23/04/2020.


Xa temos autor homenaxeado para a celebración do Día das Letras Galegas de 2020. Falta moito, pero tamén temos moitos que descubrir deste persoeiro.

Aquí iremos poñendo novas que se vaian publicando ó longo do ano.

Sete palabras do teatro de Carballo.
https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/sete-palabras-do-teatro-de-carballo/

A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro

https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/a-real-academia-galega-traslada-o-pleno-do-dia-das-letras-galegas-ao-31-de-outubro?redirect=https%3A%2F%2Facademia.gal%2Finicio%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_m2gF%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D4

Entrevista que V. Freixanes lle fixo no programa da TVG A Trabe de Ouro.
https://vagalumedalingua.blogspot.com/2020/03/a-trabe-de-ouro.html

Biografía. Na páxina "Primavera das Letras" temos unha biografía adaptada para os máis pequenos.
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha1.pdf
E moita máis información: http://primaveradasletras.gal/

Exposición en Lugo
O Colexio Fingoi acolle a presentación dunha exposición sobre os 15 anos de Carballo Calero en Lugo.
Nova na RAG
Web da exposición: https://carballocaleroenlugo.org/

Biografía
O Ano Carballo Calero xa botou a andar na web da Real Academia Galega. O académico Henrique Monteagudo asina a biografía do protagonista das Letras Galegas 2020.
https://academia.gal/letras-actual?fbclid=IwAR2zLqNp1_7txbQJH0aKCc7td7H_5Gu3sAHii40arkx6vo5ArM_2qXQVn5g

Biografía
http://dbe.rah.es/biografias/10653/ricardo-carvalho-calero

Xunta de Galicia.
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/40933/xunta-celebra-decision-rag-prepara-homenaxe-carballo-calero-dia-das-letras-2020

Nova da RAG.
https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/o-dia-das-letras-galegas-de-2020-estara-dedicado-a-ricardo-carballo-calero

Nota de prensa La Voz de Galicia
 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/06/22/span-langglcarvalho-calero-tera-dia-das-letras-ampla-maioria-na-ragspan/00031561208508921106605.htm

Nota de prensa La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/06/23/span-langglpoeta-narrador-moi-influinte-ensaistaspan/0003_201906G23P36994.htm

22/6/19

O noso maio polo día das Letras Galegas.

Cando pensamos nas actividades para as Letras Galegas deste curso, pensamos en facer unha recollida de patrimonio material en Ed. Primaria para logo montar unha exposición e outra recollida de patrimonio inmaterial en Ed. Secundaria. Co densenvolvemento do curso vímonos superados e non se chegou a facer, aínda que temos previsto levala a cabo no primeiro trimestre do curso.

O que si fixemos foi facer un maio, aínda que nesta comarca non é unha celebración tradicional. A semana das Letras Galegas fomos preparando o maio no patio curberto do colexio e o xoves, 16 todo o alumnado de Ed. Primaria cantou, coa colaboración e preparación do seu profesor de música, unhas sinxelas coplas.

1º-2º: Interpretan un Maio Popular
Levántate maio, que tanto durmiches,
Pasou o inverno e non o sentiches.

E viste-lo Maio, e vístelo ben;
Se é que non o vistes, velaí vos vén.

3º a 6º: Interpretan un Maio onde cada curso inventa unha Copla
3º A: Aí ven o maio, aí ven o maio, ao noso maio vamos a cantarlle.
3º B: O noso maio de flores cheo, cantando os nenos vanse divertir.
4º A: Aí ven o maio pra* o noso cole, aí ven o maio saír a Bergondo.
4º B: Este é o maio, que maíño é; este é o maio que anda de pé.
5º A: Frores e herbas imos traer, pra* o noso maio facer con ilusión.
5º B: Maio maiado vai comezar, a primavera xa imos celebrar.
6º A: O noso outono ten moitas flores, imos cantar que outono rematou.
6º B: Xa chegou maio con moita cor, tódolos pobos están cheos de flor.





































17 de maio, día das Letras Galegas

Como cada curso no C.P.I. Cruz do Sar celebramos a festa das nosas letras, este ano adicada á figura de Antonio Fraguas.



En primeiro lugar preparamos na nosa biblioteca, a carón da porta exterior, un pequeno mural cuns apuntamentos sobre a súa biografía e algúns dos libros que falaban sobre él.


 Tamén se colocou a lista de autores homenaxeados ó longo da historia xunto con algunha obra. Foi o alumnado, que a través dun xogo localizou as obras dos autores que se expuxeron.




Como todos los cursos o concello de Bergondo convoca dous concursos: o de marcapáxinas e o de redacción. En calquera dos dous, tanto en Ed. Primaria, como Ed. Secundaria a participación foi alta. Os traballos son expostos na entrada do edificio cultural da Senra. 





O concello promove tamén varias actividades para o alumnado do centro, momento no que se fai entrega dos premios aos gañadores/as.