Desde
o EDLG e a Biblioteca propuxemos algunhas actividades para este
outono, tendo en conta a celebración do Magosto e Samaín e o día das Bibliotecas
Escolares (24 de outubro).
Portas de medo!
Todo o alumnado
·
Cada titoría decorará a porta da súa aula cun
tema relacionado co Samaín ou o outono.
·
Haberá un premio colectivo para a mellor
porta de Ed. Primaria e a mellor porta de Ed. Secundaria.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos
presentados non teñen unha calidade mínima.
A caixa dos medos.
1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria
O alumnado destes niveis preparará tarxetas nas que escribirán cales son os seus maiores medos, para despois, acompañados polo seu titor/titora, depositalas na caixa dos medos que se colocará na Biblioteca. Logo farase unha selección dos máis curiosos ou o máis destacados para expoñer.
Debuxamos de medo
1º, 2º e 3º de Ed. Primaria
·
O alumnado destes niveis preparará debuxos
relacionados co Samaín ou Magosto.
·
Os debuxos levarán o nome e grupo ó que
pertencen na parte posterior.
·
Cada titor/a recollerá os do seu grupo.
·
Os debuxos expoñeranse na entrada do edificio
C.
·
De entre os debuxos expostos seleccionarase
un co que se elaborará o adhesivo conmemorativo do Samaín neste ano.
·
O traballo seleccionado será premiado con un
cheque-regalo.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos
presentados non teñen unha calidade mínima.
Relatos terroríficos
4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
·
O alumnado creará relatos ou contos de medo.
·
A lingua de presentación será a Lingua
Galega.
·
Os traballos presentados non superarán a
extensión dun folio (pode ser polas dúas caras).
·
Poderán vir acompañados de debuxos ou
ilustracións.
·
O nome, apelidos e grupo do autor/a deberá
aparecer ao final do relato.
·
Os traballos entregaranse aos titores que
logo os entregarán ao EDLG ou na Biblioteca.
·
Premiarase un relato de cada nivel cun
cheque-regalo.
·
Valorarase unha mínima calidade narrativa, de
expresión, orixinalidade, ortografía e presentación.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos
presentados non teñen unha calidade mínima.
Relatos terroríficos
1º,
2º, 3º e 4º de E.S.O.
·
O alumnado creará relatos ou contos de medo.
·
A lingua de presentación poderá ser: L.
Galega, L. Castelá, L. Inglesa, L. Francesa.
·
Os traballos presentados non superarán a
extensión dun folio (pode ser polas dúas caras).
·
Poderán vir acompañados de debuxos ou
ilustracións.
·
O nome, apelidos e grupo do autor/a deberá
aparecer ao final do relato.
·
Os traballos entregaranse ao EDLG ou na
Biblioteca.
·
Premiarase un relato en cada unha das linguas
cun cheque-regalo.
·
Valorarase unha mínima calidade narrativa, de
expresión, orixinalidade, ortografía e presentación.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos presentados non teñen unha calidade mínima.
Vídeo-relatos terroríficos
1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O.
·
O alumnado de xeito individual ou en grupo
creará vídeo-relatos de medo en Lingua Galega.
·
A duración máxima do vídeo será de 10
minutos.
·
Os grupos poderán estar formados por un
máximo de 6 membros.
·
Os traballos entregaranse ao EDLG ou ao
profesorado de Lingua Galega (Marta e Xoán)
·
Premiarase un vídeo-relato cun cheque-regalo.
·
Valorarase unha mínima calidade narrativa, de
expresión, orixinalidade, ortografía e presentación.
Os premios poderán quedar desertos se os traballos
presentados non teñen unha calidade mínima.
Día das escritoras
1º e 2º E.S.O.
A alumnado de Investigación
e tratamento da información (1º E.S.O.) e Valores Sociais e Cívicos (2º E.S.O.)
traballou na biblioteca destacando libros escritos por mulleres e como están
organizados os libros de lectura para a súa idade.
Día das Bibliotecas escolares
Todo o alumnado
O alumnado que durante eses
días acuda á biblioteca leve algún libro en pŕestamo, recibirá unha chapa
conmemorativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario