27/5/19

Día da Paz

Dentro das celebracións do día da Paz, fíxose unha solta de pombas, símbolo da mesma.




Os corredores estiveron adornados con motivos relacionados con ese día.


















Unha das actividades que se fixeron foi construír o muro da paz con frases, palabras ou persoeiros relacionados co tema.










Un pouco fóra de tempo...

Revisando fotografías parece que quedan moitas cousas por publicar, así que iremos poñéndonos ó día.
Para empezar a imaxe das postais gañadoras do noso concurso de Nadal. Estas postais foron utilizadas para felicitar á comunidade educativa as festas de Nadal.



26/4/19

Entrevista.

No seguinte enlace pódese ler unha entrevista ao autor do libro sobre Fraguas. Se queredes lelo, podedes atopalo na biblioteca.

https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/falolles-aos-rapaces-de-antonio-fraguas-pero-tamen-moito-da-epoca-que-lle-tocou-vivir

24/4/19

23 de abril, día do libro.

3/4/19

Día Internacional da Muller.

O alumnado de 5º de Ed. Primaria elaborou os estes carteis para recordar á comunidade que temos que seguir loitando para que a igualdade entre homes e mulleres sexa unha realidade.


24 de febreiro: Día de Rosalía.

Para celebrar o día de Rosalía, no CPI levamos a cabo varias actividades encamiñadas a dar a coñecer a figura da nosa poetisa. Para empezar elaboramos este mural, arredor do cal se montará a exposición na entrada da Biblioteca do centro. Xunto do mural, expuxéronse obras da autora.


Cada nivel de Ed. Primaria traballou sobre a súa biografía e a súa obra, despois de que se fixeran unha selección de dous ou tres poemas para que se traballaran en cada nivel.


Tamén se fixeron retratos e poemas adicados a Rosalía (5º E.P.)



Traballos de 2º E.P.


E así loce a nosa Rosalía rodeada de flores e dos seus poemas.

Letras Galegas.

Aquí tedes algúns enlaces para ir traballando a figura de Antón Fraguas, a autor homenaxeado neste ano.

O PORTAL DA LINGUA

UNIDADE DIDÁCTICA DO MUSEO DO POBO GALEGO

FUNDACIÓN PENZOL

PRIMAVERA DAS LETRAS

SEMINARIO GALÁN - ARTEIXO

MOSTRA GAÑADORA E UNIDADES DIDÁCTICAS

VÍDEOS EN LINGUAXE DE SIGNOS SOBRE A BIOGRAFÍA DE ANTONIO FRAGUAS