3/4/19

24 de febreiro: Día de Rosalía.

Para celebrar o día de Rosalía, no CPI levamos a cabo varias actividades encamiñadas a dar a coñecer a figura da nosa poetisa. Para empezar elaboramos este mural, arredor do cal se montará a exposición na entrada da Biblioteca do centro. Xunto do mural, expuxéronse obras da autora.


Cada nivel de Ed. Primaria traballou sobre a súa biografía e a súa obra, despois de que se fixeran unha selección de dous ou tres poemas para que se traballaran en cada nivel.


Tamén se fixeron retratos e poemas adicados a Rosalía (5º E.P.)



Traballos de 2º E.P.


E así loce a nosa Rosalía rodeada de flores e dos seus poemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario