3/1/18
PARECER PARÉCENSE... PERO NON CHE SON O MESMO
Palabras en galego que, pola influenza da súa traducción en castelán poden levar a confusións.
Esta exposición foi cedida polo Departamento de Lingua Galega do IES o Mosteirón de Sada.
CURSO 2017-18. PRIMEIRAS ACTIVIDADES
Agora que remata o ano, e cando estamos de vacacións, temos tempo de mirar cara atrás e ver o traballo feito durante este trimestre dende o EDLG do CPI Cruz do Sar. Sen dúbida o noso traballo pode ir a máis e a mellor (a tarefa dos profesores, mestres e educadores non ten límite) e, iremos engadindo outras actividades levadas a cabo nas aulas neste primeiro trimestre do curso.
En colaboración co Departamento de Francés saludamos o outono, época na que se celebra o Samaín. E tamén, traído dende outras terras máis lonxanas celebrase o Halloween.
Acompañamos, como cada ano, os cartaces e murais para a celebración de Halloween con exposicións de cabazas realizadas polos rapaces e rapazas, tanto de EP como de ESO.
En colaboración coa biblioteca realizamos unha selección de lecturas de medo, que tamén formaron parte das exposicións.
23/2/17
22/2/17
20/2/17
15/2/17
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
En homenaxe a Agustín Fernández Paz, escritor falecido o 12 de xullo de 2016, desde o ENDL e o Departamento de Lingual Galega realizaron varias actividades relacionadas co proxecto E ti:que vés sendo? da nosa Biblioteca.
Organizaron unha exposición centrada na descrición persoal do autor, fotos das súas obras e características da súa escrita e incluíron reflexións e análises literarias do alumnado a partir da lectura dunha das obras do autor.
Ademáis convidaron aos alumnos de Secundaria a escribir unha carta dirixida a Agustín para que expresasen as súas ideas e valoracións persoais sobre a obra que leron no primeiro trimestre.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)