3/1/18

CURSO 2017-18. PRIMEIRAS ACTIVIDADES

Agora que remata o ano, e cando estamos de vacacións, temos tempo de mirar cara atrás e ver o traballo feito durante este trimestre dende o EDLG do CPI Cruz do Sar. Sen dúbida o noso traballo pode ir a máis e a mellor (a tarefa dos profesores, mestres e educadores non ten límite) e, iremos engadindo outras actividades levadas a cabo nas aulas neste primeiro trimestre do curso.


En colaboración co Departamento de Francés saludamos o outono, época na que se celebra o Samaín. E tamén, traído dende outras terras máis lonxanas celebrase o Halloween.


Acompañamos, como cada ano, os cartaces e murais para a  celebración de Halloween con exposicións de cabazas realizadas polos rapaces e rapazas, tanto de EP como de ESO.
En colaboración coa biblioteca realizamos unha selección de lecturas de medo, que tamén formaron parte das exposicións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario