Hoxe 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro.
O alumnado de Ed. Primaria estivo estes días traballando sobre a nosa poetisa e elaborando acrósticos adicados a ela. Pouco a pouco encheremos o taboleiro coas súas creaccións. Algunhas xa están expostas.
O alumnado de Ed. Secundaria tamén está a traballar a figura de Rosalía co seu profesorado.
A maiores, o alumnado de 3º de E.S.O. foron os afortunados e afortunadas en gozar da actuación do grupo Zenzar que fixo un acercamento á música en galego.
Na conta de Instagram tedes un pequeno vídeo cun fragmento dunha canción.
Por se queredes coñecer un pouco máis a vida de Rosalía aquí tedes este vídeo.
E para rematar unha versión do seu Adiós ríos, adiós fontes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario