10/6/20

Unha palabra para un curso (2ª edición)




Unha palabra para un curso
(2ª EDICIÓN)

       PINGÜÍN foi, sorprendentemente, a palabra escollida polo alumnado como a palabra do curso 18/19. E este? Con que palabra resumirías o 2019/2020? Cal foi a palabra de moda? Cal foi esa aprendizaxe que te fixo medrar?

Trátase de propoñer unha palabra coa que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión que máis se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer... Debe ser unha soa palabra ou frase feita.

Esta proposta farase a través do correo electrónico do EDLG ou nos comentarios das redes sociais Facebook e Instagram ou no blog Vagalume da Lingua.

As palabras ofensivas, malsoantes ou con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.

Unha vez recollidas nas redes sociais e no correo electrónico as propostas da comunidade, farase unha selección (máis orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán ser votadas despois na enquisa que se publicará no blog e nas redes sociais. A palabra que acade máis votos será a palabra do curso.


1ª fase, proposta de palabras: entre o 10 e 12 de xuño.

2ª fase, votación de palabras: 15 e 16 de xuño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario