Unha palabra para un curso
(2ª EDICIÓN)
PINGÜÍN foi, sorprendentemente, a
palabra escollida
polo
alumnado como a palabra do curso 18/19. E este? Con que palabra resumirías o
2019/2020? Cal foi a palabra de moda? Cal foi esa aprendizaxe que te fixo medrar?
Trátase de propoñer unha palabra coa
que resumas este curso que remata, ou que estivo de moda, a expresión que máis
se repetiu, aquilo que aprendiches e non vas esquecer... Debe ser unha soa
palabra ou frase feita.
Esta proposta farase a través do
correo electrónico do EDLG ou nos comentarios das redes sociais Facebook e
Instagram ou no blog Vagalume da Lingua.
As palabras ofensivas, malsoantes ou
con faltas de ortografía, quedarán automaticamente eliminadas.
Unha vez recollidas nas redes sociais
e no correo electrónico as propostas da comunidade, farase unha selección (máis
orixinais, máis importantes, máis repetidas...) que deberán ser votadas despois
na enquisa que se publicará no blog e nas redes sociais. A palabra que acade
máis votos será a palabra do curso.
1ª fase, proposta de palabras: entre o
10 e 12 de xuño.
2ª fase, votación de palabras: 15 e 16
de xuño.