Cantos versos collen nunha pegatina? Que palabras estamos dispostos a levar pegadas nas nosas carpetas, nos obxectos que conforman a vida?
Os alumn@s de quinto fixeron un obradoiro no que Antía Otero presentou a palabra “apiario=obradoiro” e invitou a que cada nen@ pensara durante uns minutos nunha palabra que fose importante para el/ela, a escribiran e comentaran despois o motivo da súa elección.
Coa palabra elixida fixeron un verso que invitara á igualdade entre nenos e nenas.
Unha vez feito o verso, o escribiron e decoraron nunha pegatina que logo colocarán no lugar que elixan.
Estos obradoiros están dentro dun proxecto no que se vertebra a proposta Territorio e Igualdade impartidos por Dores Tembrás e Antía Otero grazas ao Concello de Bergondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario