25/3/20
A trabe de Ouro
24/3/20
Primavera das Letras
Como vai a cousa?
Seguro que ben, e como hai que estar na casiña, aquí tedes un pouquiño de información para o Día das Letras Galegas:
http://primaveradasletras.gal/
Podedes facer actividades. ler sobre a vida de Ricardo Carballo Calero, imprimir coloreables..., un mundo para explorar nestes días, nos que tempo temos.
Seguide coidándovos e ánimo, que pronto nos vemos.

http://primaveradasletras.gal/ |
Seguide coidándovos e ánimo, que pronto nos vemos.
17/3/20
Versos en pegatina
Cantos versos collen nunha pegatina? Que palabras estamos dispostos a levar pegadas nas nosas carpetas, nos obxectos que conforman a vida?
Os alumn@s de quinto fixeron un obradoiro no que Antía Otero presentou a palabra “apiario=obradoiro” e invitou a que cada nen@ pensara durante uns minutos nunha palabra que fose importante para el/ela, a escribiran e comentaran despois o motivo da súa elección.
Coa palabra elixida fixeron un verso que invitara á igualdade entre nenos e nenas.
Unha vez feito o verso, o escribiron e decoraron nunha pegatina que logo colocarán no lugar que elixan.
Estos obradoiros están dentro dun proxecto no que se vertebra a proposta Territorio e Igualdade impartidos por Dores Tembrás e Antía Otero grazas ao Concello de Bergondo.

Obradoiro Memoria e Territorio. Camiño da escola.
A escritora Dores Tembrás tivo un encontro cos nenos e nenas de terceiro de primaria no que, atendendo á ollada de cada alumn@, comentaron como muda a paisaxe e o que iso provoca. Cada nen@ creou o seu propio mapa utilizando a poesía como ferramenta para darlle forma.
10/3/20
Día de Rosalía
Actividade do alumnado de 2º de Ed. Primaria.
Día de Rosalía from CPI CRUZ DO SAR on Vimeo.
O alumnado de 1º de Ed. Primaria prepararon as súas carautas de Rosalía.

O alumnado de 6º de Ed. Primaria buscou poemas que fixeran referencia á emigración, ao que se deixa atrás cando hai que marchar do fogar. Despois de lelos e comentalos, pasamos os poemas a estrelas coas que completamos o mural de Rosalía.
O alumnado de 1º de Ed. Secundaria "rapeou" unha das composicións de Rosalía tanto para os seus compañeiros de E.S.O. como para o alumnado de Ed. Primaria, nos seus respectivos recreos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)