Que difícil resulta escoller un gañador entre tanto relato de medo, pero despois de ler e reler este é o fallo do xurado:
Relatos de Ed. Primaria:
4º Ed. Primaria: 1º premio para Hugo A. Fernández Miguel polo seu relato titulado "Truco ou trato"
Mención honorífica para Mariña Buján Antelo polo seu relato titulado "Truco ou trato"
5º Ed. Primaria: 1º premio para Lola Martínez Gómez polo seu relato titulado "Relatos da casa branca"
Mención honorífica para Sara Cubeiro Vidal polo seu relato "Carnaval de Medianoite"
6º de Ed. Primaria: 1º premio para Clara Iglesias López polo seu relato "Terror no cine"
Mención honorífica para Tania Méndez Loureiro polo seu relato "Unha lección en Halloween"
Relatos de Ed. Secundaria:
1º premio para Andrés Rodríguez Boutureira de 4º E.S.O., polo seu relato titulado "Mira a túa man"
Mención honorífica para Noela Buján Antelo de 2º E.S.O. polo seu relato "A Santa Compaña"
Iremos publicando os relatos máis adiante para que todos poidades disfrutar deles.
Parabéns a todos e a todas, e a seguir creando historias.
29/11/19
Portas de medo!
Pero que artistas temos entre o noso alumnado!
Mirade que portas máis chulas prepararon os de Ed. Primaria polo Samaín:
Mirade que portas máis chulas prepararon os de Ed. Primaria polo Samaín:
Pero o alumnado de Ed. Secundaria non quedou atrás:
E os traballos premiados son:
As portas de 3º de Ed. Primaria,
e a de 3º ESO A
Parabéns para todos polos estupendos traballos!
21/11/19
Debuxamos de medo...
Coma en anos anteriores os máis pequenos do centro (de 1º a 3º de Ed. Primaria) participaron con concurso que o EDLG convocou polo Samaín e Magosto.
Os traballos presentados están expostos na entrada do Ed. C do centro.
Os traballos presentados están expostos na entrada do Ed. C do centro.
E o debuxo seleccionado para elaborar a pegatina deste ano é o de Sara da Silva Barrio de 3ºA. Parabéns!
14/11/19
9/11/19
Celebración do Samaín e do Magosto.
O pasado 30 de outubro celebramos no CPI o Samaín e o Magosto.
Durante a primeira sesión rematouse de preparar a exposición de cabazas.
O alumnado visitou a exposición por quendas acompañado polos seu titor ou titora
Ao mesmo tempo, baixamos ao monte onde puidemos desfrutar das castañas asadas.
Tivemos tamén a sorte de asistir á actuación do Orquestra Pantasma Cé
E o alumnado de E.S.O. tamé se uniu á festa durante o seu segundo recreo.
Unha gran xornada!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)