3/1/18
Actividades para Nadal
En ESO, este traballo de decoración das portas estará enfocado como concurso.
En E.Primaria, non estará enfocado como concurso senón como unha actividade de participación e colaboración das diferentes clases na decoración dos edificios que forma o CPI para o Nadal.
Este ano, o concurso "Tarxetas de Nadal" foi organizado polo Concello de Bergondo, así que o alumnado que quixo participar fixoo a través do CPI Cruz do Sar, que se encargou de difundir as bases do concurso, proporcionar o material ao alumnado e recoller as tarxetas participantes.
Para non duplicar esta actividade, que outros anos organizaba o EDLG do CPI Cruz do Sar, este equipo, en colaboración coa biblioteca organizou "Desexos para o Nadal". Ademáis propuxemos a decoración das portas das aulas para colocar as tarxetas cos desexos.
Novembro: Mes da ciencia en galego
A Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria impulsou a celebración anual do mes de novembro como Mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares.
Colaboramos coa biblioteca do noso centro para animar aos titores e departamentos a colaborar co seu alumnado, nas diferentes exposicións colocadas nos corredores. Tamén fixemos unha selección de libros de lectura e consulta, preferentemente en galego, relacionados coas ciencias.
Colaboramos coa biblioteca do noso centro para animar aos titores e departamentos a colaborar co seu alumnado, nas diferentes exposicións colocadas nos corredores. Tamén fixemos unha selección de libros de lectura e consulta, preferentemente en galego, relacionados coas ciencias.
PARECER PARÉCENSE... PERO NON CHE SON O MESMO
Palabras en galego que, pola influenza da súa traducción en castelán poden levar a confusións.
Esta exposición foi cedida polo Departamento de Lingua Galega do IES o Mosteirón de Sada.
CURSO 2017-18. PRIMEIRAS ACTIVIDADES
Agora que remata o ano, e cando estamos de vacacións, temos tempo de mirar cara atrás e ver o traballo feito durante este trimestre dende o EDLG do CPI Cruz do Sar. Sen dúbida o noso traballo pode ir a máis e a mellor (a tarefa dos profesores, mestres e educadores non ten límite) e, iremos engadindo outras actividades levadas a cabo nas aulas neste primeiro trimestre do curso.
En colaboración co Departamento de Francés saludamos o outono, época na que se celebra o Samaín. E tamén, traído dende outras terras máis lonxanas celebrase o Halloween.
Acompañamos, como cada ano, os cartaces e murais para a celebración de Halloween con exposicións de cabazas realizadas polos rapaces e rapazas, tanto de EP como de ESO.
En colaboración coa biblioteca realizamos unha selección de lecturas de medo, que tamén formaron parte das exposicións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)