22/6/19

17 de maio, día das Letras Galegas

Como cada curso no C.P.I. Cruz do Sar celebramos a festa das nosas letras, este ano adicada á figura de Antonio Fraguas.



En primeiro lugar preparamos na nosa biblioteca, a carón da porta exterior, un pequeno mural cuns apuntamentos sobre a súa biografía e algúns dos libros que falaban sobre él.


 Tamén se colocou a lista de autores homenaxeados ó longo da historia xunto con algunha obra. Foi o alumnado, que a través dun xogo localizou as obras dos autores que se expuxeron.




Como todos los cursos o concello de Bergondo convoca dous concursos: o de marcapáxinas e o de redacción. En calquera dos dous, tanto en Ed. Primaria, como Ed. Secundaria a participación foi alta. Os traballos son expostos na entrada do edificio cultural da Senra. 





O concello promove tamén varias actividades para o alumnado do centro, momento no que se fai entrega dos premios aos gañadores/as.














17/6/19

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente puxemos en marcha o primeiro concurso de lema.

 

  

Na categoría de ESO e de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria a participación foi escasa.


Pero nos cursos de 1º, 2º e 3º  foi todo un éxito de participación. O xurado tivo un difícil traballo.



Finalmente os traballos seleccionados foron os seguintes:




Os traballos seleccionados foron ampliados e colocados no espazo de Dinamización Lingüística.


Finalmente hoxe entregamos os agasallos ás gañadoras, un cheque de 25 € a canxear na libería Biblos.









27/5/19

Día da Paz

Dentro das celebracións do día da Paz, fíxose unha solta de pombas, símbolo da mesma.




Os corredores estiveron adornados con motivos relacionados con ese día.


















Unha das actividades que se fixeron foi construír o muro da paz con frases, palabras ou persoeiros relacionados co tema.










Un pouco fóra de tempo...

Revisando fotografías parece que quedan moitas cousas por publicar, así que iremos poñéndonos ó día.
Para empezar a imaxe das postais gañadoras do noso concurso de Nadal. Estas postais foron utilizadas para felicitar á comunidade educativa as festas de Nadal.