16/1/20

Ledicia Costas na Senra

O pasado 18 de decembro de 2019 tivemos a sorte de recibir a visita da escritora Ledicia Costas, autora, entre outros de "Infamia", "As peripecias de Extravaganzza Pérez", "Escarlatina, a cociñeira defunta" ou "Esmeraldina a pequena defunta". A autora contounos unha chea de anécdotas que utiliza como fonte de inspiracións para escribir as súas obras, e o alumnado de 6º de Ed. Primaria e de E.S.O. puido facerlle algunhas preguntas sobre as lecturas. Para rematar asinou exemplares das súas obras ao alumnado e tamén para a biblioteca do centro.
Moitas grazas pola túa visita e esperamos seguir desfrutanto da túa creatividade.






10/1/20

Gañadores dos desexos de Nadal.

Estas son as gañadoras do concurso de desexos de Nadal. Con estas tarxetas elaboramos a felicitación do centro para toda a comunidade escolar. Parabéns.


Gaela Souto Mella 1º Ed. Primaria


Mariña Buján Antelo 4º Ed. Primaria


Lucía Otero Queiruga 5º Ed. Primaria