No remate do curso pasado, propuxemos ó alumnado que escollera unha palabra coa que definir o curso que acababa, ou aquela coa que recordar os últimos meses.
Das propostas fíxose unha selección que foi votada nunha segunda fase por todo o alumnado.
Tras a votación e con gran sorpresa, a palabra seleccionads foi "PINGÜÍN". Así deixamos constancia no patio.
Ademais na porta de cada aula, puxemos a palabra ou palabras máis votadas polo alumnado desa aula.
E despois disto, fixemos protagonista da campaña da biblioteca para este curso, a un simpático pingüín viaxeiro. Esperemos que sexa un curso cheo de grandes viaxes.
Feliz curso 2019 / 2020